Páxinas

xoves, 28 de maio de 2015

UNHA RÁ MOI DIVERTIDA

Nas pasadas sesións de Estimulación da Linguaxe na aula de 3 anos fixemos unha rá moi divertida, unha rá que botaba a lingua!!! Coloreamos, picamos...pero o máis importante é que nos fartamos de SOPLAR, obxectivo final desta actividade. Un exercicio fantástico e fundamental na adquisición da linguaxe na que se gradúa a intensidade do soplo, a velocidade na que se explusa o aire,a duración...fortalecendo así os órganos bucofonatorios. 


venres, 15 de maio de 2015

OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS E XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Este ano, o Día das Letras Galegas adícase a Xosé Filgueira Valverde. Na súa obra "Os nenos" aparece recollido un poema popular . Os nenos e nenas de tres anos o memorizaron e así de ben o recitan:

luns, 11 de maio de 2015

ASTRONAUTAS!!!!

Aquí nos vedes aos nenos e nenas de 5 anos vestidos de astronautas!!!


CRATERES NA LÚA

A semana pasada os nen@s de 4 e 5 andivemos a coñecer novas cousas da lúa. Unha delas foi que nela había cráteres, e como non alá nos puxemos mans á obra e aquí na Terra tamén fomos quen de facer cráteres. Como? Moi sinxelo; cunha bola de plastilina e fariña. Mirade, mirade!!!!


FESTA DA LINGUA EN PORTAS

O auditorio de Portas acolleu o pasado venres, 9 de maio, a Festa da Lingua onde se fixo entrega dos premios do VII concurso de microrrelatos e micropoemas Terras do Umia.
Ata alí desprazaronse os nenos e nenas de 3 anos onde Elba Abalo recolleu o premio polo traballo que realizou coa axuda dos seus compañeiros.
Todos xuntos e moi contentos recitaron o poema gañador.


 
Para ver o cartaz do poema gañador  premer no seguinte enlace :

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanclementecesar/?q=node/335 

venres, 1 de maio de 2015

CUMPREANOS DO MES DE ABRIL

Neste mes de abril soamente celebramos os cumpreanos de Carmen da aula de 4 anos (ainda que xa fixo os 5!!!) e Adrián da aula de 5 anos que xa fixo os 6. Aquí vos deixamos as fotos para que vexades que guap@s!!




PHOTOCALL: COHETES E ASTRONAUTAS

Despois de traballar na elaboración do noso astronauta e do cohete tridimensional, os nenos e nenas de 4 e 5 anos, deixamos de ser alumnos do CEIP San Clemente para convertirnos en astronautas que viaxan en cohete ata a lúa, esa que para algúns sabe a queixo, para outros a galleta e outros queren subir a roubarlle un cachiño e traela á terra para xogar con ela. Aquí deixamos este vídeo para mostrarvos que guap@s estamos!!!!