Páxinas

luns, 30 de xaneiro de 2017

mércores, 25 de xaneiro de 2017

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (BRINDISI)

Esta semana estivemos coñecendo outra cidade italiana : Pisa  e tamén fixemos Pizzas... Que ben nos sentou una merenda quentiña co frío destes días!

 

 
 
Pronto subiremos o vídeo resumo das nosas actividades de Italia.

venres, 20 de xaneiro de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO

Levamos xa uns días en Brindisi visitando o Castelo Suevo, traballando sobre Miguel Ángel e coñecendo outras cidades de Italia coma Roma. Tamén tivemos tempo de bailar un pouco a Tarantela, un baile popular do sur de Italia.


 

PROBAMOS OS KUMQUATS

Xián trouxo o cole una froita que non coñecíamos. Son os kumquats, tamén chamados laranxas chinas. Son pequenos e de cor alaranxado. A súa pel é comestible e o seu interior é amargo-ácido. Recoléctase durante os meses de Xaneiro e Febreiro.


 
 
 


 

luns, 9 de xaneiro de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (BRINDISI, ITALIA)

Despois de tantos días de vacacións, retomamos a nosa viaxe. Sacamos billete de tren e arrancamos para un novo país. Andamos buscando unha cidade chamada Brindisi que se atopa en Italia. Estamos listos para empezar de novo cos nosos amigos Willy Fog, Rigodón e Tico...


Que haberá en Brindisi? Daranos tempo a visitar algo máis de Italia? Estamos con moitas ganas de aprender cousas novas!