Páxinas

luns, 27 de abril de 2015

REALIDADE AUMENTADA!

Nas últimas sesións de TiĆS  os nenos e nenas de infantil estivemos experimentando cunha nova aplicación de realidade aumentada. Trátase dunha aplicación para android e iphone chamada colarmix. Na súa páxina web podemos descargar debuxos para colorear e logo ver en RA coas cores que nos lle puxemos; o noso debuxo en 3d e en movemento. Aos nenos e nenas encantoulles  a actividade e esta semana xa poderán levar a casa para mostrarlle ás familias como funciona.
Só teredes que descargar a aplicación colarmix no voso móbil ou tablet, enfocar e xa veredes que divertido. Na clase xa o fixemos e para iso deixamos estas fotografías.








O UNIVERSO POLA AULA DE 5 ANOS

Dende que comezamos este último trimestre, os nenos e nenas de 5 anos estamos a traballar de forma conxunta cos de 4 anos o UNIVERSO. Un tema que nos apasiona; e ao longo destes días entre outras moitas cousas adicámosnos a escoitar cancións, observar láminas e libros, e a debuxar: como vemos o universo, como sería unha nave espacial e tamén a escoitar e debuxar o que se escoita cunha poesía. Neste vídeo queda unha mostra de todo. AHH!!! Que nos olvidabamos!!! Tamén pintamos o astronauta para facer un PHOTOCALL!!! Xa vos ensinamremos como nos vemos de astronautas!!!



xoves, 23 de abril de 2015

COHETE TRIDIMENSIONAL

Durante esta viaxe espacial que emprendemos decidimos elaborar un cohete con materiais reciclados, cartón e papel, para elo pintamos os cartóns de cores, o teito de gris e os profes axudáronnos a montalo. Este serviranos para realizar en días vindeiros unha actividade conxunta cos nen@s de 5 anos, estade atentos.

mércores, 22 de abril de 2015

CONTAMOS UN CONTO...

Despois de traballar a unidade didáctica sobre os contos populares, nós tamén quixemos contar un conto. O conto escollido foi "A ratiña presumida".  A nos encántanos este conto e a vos?




luns, 13 de abril de 2015

COMEZO VIAXE POLO ESPAZO

Neste terceiro trimestre,  comezamos a traballar unha nova temática: o Universo. Para viaxar ao espazo e coñecer cada un dos elementos que o conforman precisábamos de un cohete, e puxémonos mans a obra. Cada un de nós construíu un con formas xeométrica,  o cal pegamos en papel continuo pintado previamente, e decorado con estrelas plateadas que picamos. Este foi o resultado!














xoves, 2 de abril de 2015

REALIDADE AUMENTADA

Ao  longo deste trimestre xa rematado, soubemos que é  a REALIDADE AUMENTADA, a través dun libro de contos que descubrín un pouco por casualidade.
Trátase de ZAPATOS,ZAPATITOS ZAPATONES, da Editorial Paramón.
Un libro de contos que contamos de xeito "tradicional" e logo vemos coa tablet. É aquí onde a imaxinación pode espertarnos máis emocións, se cabe. Escoitar e ver un conto, con música, sons de animais, berros, imaxes que non podemos ver no libro que de súpeto nos sorprenden... 
Tal e como podedes imaxinar quedamos abraiados cando da portada do conto saía un personaxe co que nos podiamos fotografar. 
Aquí deixamos unha mostra moi resumida deste tesouro por descubrir.

ZAPATOS ZAPATITOS - Kizoa Movie Maker


PINCHA AQUI para ver a mostra publicitaria deste conto.