Páxinas

sábado, 23 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019

O venres, 22 de febreiro, fomos de excursión con todos os nenos e nenas do cole a Padrón. Alí, visitamos  a Casa Museo Rosalía de Castro. 

Neste video podedes ver algunhas fotos da saída : 



Ademais para conmemorar o #DíadeRosalía as nenas e nenos de Educación Infantil fixemos un vídeo no que recitamos un poema de Rosalía de Castro e elaboramos pancartas. O noso poema foi sobre a emigración.



Os nosos compañeiros de Educación Primaria tamén traballaron distintas inxustizas sociais coma a desigualdade, a emigración, o acoso laboral, o machismo e as violacións. 
Ao chegar da excursión puidemos reunirnos todos xuntos para compartir os nosos traballos. Gustáronnos moito!


















venres, 1 de febreiro de 2019

OBRADOIROS : AS EMOCIÓNS E A ALIMENTACIÓN

Esta semana participamos en dous obradoiros: As emocions e a alimentación ofrecidos pola Asociación Española Contra o Cancro (aecc).






DÍA DA PAZ 2019


O mércores,30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Fixemos este video tan bonito cos nosos compañeiros de Primaria para desexarlle a Paz a todas as persoas.