Páxinas

sábado, 17 de outubro de 2015

Que trouxo Xián ó cole?

Esta semana Xián trouxo á escola unhas froitas que non coñecíamos. Dixo que se chaman erbedos e comezamos a buscar información :

Estes froitos nacen dun arbusto chamado Érbedo ou Albedro (en castelán: Madroño). O seu nome científico é ARBUTUS UNEDO.  Ten as follas sempre de cor verde e pode alcanzar os cinco metros de altura. Florece polo outono e o mesmo tempo da un froito doce, redondo e pequeno.



Vimos como era a súa cor: vermello cando está maduro e amarelo cando aínda non se pode comer. Tocamos a súa pel rugosa e cortamolo pola metade para ver como era por dentro: amarelo e non tiña óso.

Tamén buscamos curiosidades :

1. Antigamente utilizabase para facer vinagre.

2. Na actualidade utilizase para facer mermeladas ou licores .
 
Receta de mermelada :
1 kilo de erbedos ou madroños.
500 gr. de azucre.
zumo de un limón.
Lavar ben a froita e cocer co azucre e o zume de limón durante 35 -40 minutos.  Triturar ca batidora e listo para probar.
 
Parece que ten boa pinta, non?
 
 
3. Lenda mitolóxica :
 
Conta unha lenda da mitoloxía grega, que un xigante con tres corpos, tres cabezas, seis brazos e seis pernas chamado Gerión,  loitou con Heracles por roubarlle un rebaño de vacas e bois. Pero Heracles lanzoulle una flecha envenenada que atravesou os seus tres corpos e acabou con él. Din que da sangue de Gerión  naceu esta árbore que daba froitos sen óso.



E despois de tanta historia tocounos probalos...






Estaban moi ricos! A algúns nenos/as sabíalle a GOMINOLA
 
Gracias Xián!! 







Ningún comentario:

Publicar un comentario