Páxinas

mércores, 24 de maio de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (XAPÓN)

A semana pasada andivemos investigando cousiñas de Xapón. Pintamos as flores da árbore típica de Xapón (Sakura) e para iso utilizamos unha botella. Tamén tivemos tempo para bailar a danza dos abanicos despois de facer o noso abanico e de pintar bonecas chamadas kokeshis.




Esta semana xa damos por rematado o noso paso por Xapón. Aquí deixamos o noso vídeo coas actividades realizadas... Pronto iniciamos nova viaxe!


venres, 12 de maio de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (XAPÓN)

E seguimos por Xapón... despois de investigar sobre a festa do neno (Kodomo no hi) e izar a nosa cometa carpa,  andivemos buscando información sobre a súa bandeira e qué visitar. Non podíamos deixar sen ver a escultura do Gran Buda, a Torre de Tokio que nos recordou á Torre Eiffel, o monte Fuji e o Templo de Nikko onde visitamos a escultura "Os tres monos da sabiduría" que se atopa na entrada do Santuario de Toshogu. Sónavos de algo? Encantounos posar imitando os monos...

 
 
 
 
 


venres, 5 de maio de 2017

FESTA DA LINGUA TERRAS DO UMIA EN PORTAS

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos fomos recoller o premio á Festa da Lingua que se celebrou en Portas. Gañamos na categoría de MICROCREACIÓN. Con nós viñeron Bruno Figueiro Romay de 5º de Educación Primaria, gañador na categoría de MICROTEXTOS e Alba Rajoy García de 4º de Educación Primaria gañadora na categoría de MICROPOEMAS, ademáis do alumnado de 6º de Educación Primaria que foron participar no concurso do SON DO UMIA cunha cantiga moi bonita. Non tiveron premio pero fixerono fenomenal.
 


 
 
 
Noticia Canal Rias Baixas :
 
 
 
 
 
 


 


PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO

Esta semana rematamos a nosa viaxe en China. Aquí deixamos o vídeo das actividades que fixemos. Ah! Inclúe actividades do día que estivemos en Singapur. Esperamos que vos guste...



Onte chegamos o noso seguinte destino: XAPÓN.
Hoxe en Xapón, como todos os 5 de maio,  celébrase o Kodomo no hi (Día do neno). Este día as familias izan unha cometa en forma de carpa por cada neno que hai na casa e nós estivemos a preparar a nosa carpa (koi). Que sorpresa! chegar e veña festa!
Xa vos ensinaremos o ben que nos quedaron.