Páxinas

xoves, 17 de marzo de 2016

A VACA

Esta mañán, os nenos e nenas de Educación infantil e os de 1º de Educación Primaria, fomos visitar a uns veciños do cole que nos ensinaron as súas vacas e o leite.
Pasamolo moi ben e gustounos moito. 
Ao chegar o cole fixemos iogures. 

Aqui vos deixamos algunhas imaxes...


Estamos desexando que chegue mañán para probar os nosos iogures e para ir visitar a fábrica de iogures CLESA.

Moitas grazas veciños por deixarnos coñecer as vosas vacas!

SEMANA DA PRENSA

Para rematar este trimestre, os nenos e nenas de catro anos estivemos traballando sobre os medios de comunicación e entre eles a prensa. De este xeito, conmemoramos a semana da prensa con distintas actividades traballando co xornal na aula.


LIBRO VIAXEIRO : A MAZÁ.

Esta semana Lidia Cancela trouxo o libro viaxeiro. lidia escolleu para traballar a mazá.


A mazá é unha froita doméstica comestible, froito da maceira. A súa orixe estaría situado na antiga capital de Kazajistan. Estímase que existen entre 5.000 e 20.000 variedades cultivadas de mazás.
Os compoñentes principais son : 
- aminoácidos
- azucres
- elementos : cálcio, ferro, magnesio, fósforo, potasio e zinc.
A mazá carece de tóxicidad.

Ten moitos usos : 
- Antinflamatoria do aparato dixestivo.
- Antidiarreica e laxante suave.
- Diurético e depurativo.
- Anticatarral.
- Sedante.
- Anticancerixeno.


Podese consumir crúas, asadas, en compota... Tamén en bebidas alcoholicas como a sidra. E pódese usar en cosmética.

É unha das froitas mais producidas do mundo.

Como curiosidades destacar a tradición popular que ilustra a paisaxe bíblica en que Adán e Eva foron expulsados do paraíso por probar o froito da árbore do coñecemento.

Tamén é empregada en contos tradicionais como "Brancaneves e os sete ananos" onde a bruxa leva unha mazá envenenada.

Expresións relaccionadas : 
- "Estar san como unha mazá"
- " Mais vale mazá comida que podrida"

Receita :  "Cucuruchos de mazá"

Ingredientes : 
- 3 mazás.
- 1 ramiña de canela.
- 1 cullarada de azucre.
- 125 gr. de queixo fresco.
- 40 gr. de noces peladas.
- 1 cullerada de brandy.
- 50 gr. de manteiga lixeira.
- 4 follas pequenas de pasta brick.

Preparación : 
Funde a manteiga nun cazo. Corta as follas de pasta en diagonal, formando dous triángulos iguais. Píntalos polos dous lados coa manteiga fundida. forra con eles uns moldes en forma de cono e coce no forno 10 minutos a 180ºC. Deixa enfriar e retira os moldes.
Coce nun cazo as mazás peladas e troceadas coa canela, o azucre e un pouco de auga. Añade o brandy e deixa evaporar. Retira a canela e bate. Agrega o queixo a dados e as noces picadas. Rechea os conos con este puré. 

¡Que rico!


Lidia trouxonos mazás distintas para probar e tamén compota de mazá.  A  Lidia encántanlle as mazás vermellas. E a nós tamén !

                                      






Ó rematar botamos as mondas no composteiro :




luns, 7 de marzo de 2016

LIBRO VIAXEIRO : O NÍSPERO

A semana pasada, Belén levou para casa o libro viaxeiro e hoxe trouxo o seu traballo sobre o níspero.


O sabor do níspero cando está maduro  é moi doce e é moi nutritivo. Coñecese como a froita da beleza.
É orixinario de China e de alí extendeuse a Xapón. Despois de moitos anos, no século XVIII chegou a Europa ós Xardíns Botánicos como árbore ornamental.

É unha árbore sempre verde da familia das rosáceas. Dase en calquer tipo de solo xa que aguanta tanto o frío coma a sequía.  Pode medir de catro a seis metros de altura. é redondeado.

Cando florece , entre os meses de outubro e xaneiro, as súas flores son de cor branco e o froito é de cor amarelo. pódese comer entre maio ou xuño. Son uns dos primeiros froitos en comerse de óso. As súas sementes son de cor marrón.





Tamén nos deixaron unha receita : 

Galletas con mermelada de níspero

100 gr de manteiga sen sal.
160 gr de fariña
30 gr de azucre
2 culleras de azucre avainillado
unha pizca de levadura en polvo
unha xema de ovo
60 gr de mermelada de níspero.


Belén ensinounos a súa árbore : 









  

sábado, 5 de marzo de 2016

CELEBRAMOS OS CUMPLES DE FEBREIRO!!!

Neste mes de febreiro celebramos cumpreanos nas aulas de 3 e 4 anos. Aí van as fotos e felicidades cativ@s!!!!!


OLALLA QUE CUMPRE 4 ANIÑOS!!!



HUGO, XAVI, BRUNO E INÉS CANDA QUE XA CUMPRIRON 5!!!!!