Páxinas

luns, 7 de marzo de 2016

LIBRO VIAXEIRO : O NÍSPERO

A semana pasada, Belén levou para casa o libro viaxeiro e hoxe trouxo o seu traballo sobre o níspero.


O sabor do níspero cando está maduro  é moi doce e é moi nutritivo. Coñecese como a froita da beleza.
É orixinario de China e de alí extendeuse a Xapón. Despois de moitos anos, no século XVIII chegou a Europa ós Xardíns Botánicos como árbore ornamental.

É unha árbore sempre verde da familia das rosáceas. Dase en calquer tipo de solo xa que aguanta tanto o frío coma a sequía.  Pode medir de catro a seis metros de altura. é redondeado.

Cando florece , entre os meses de outubro e xaneiro, as súas flores son de cor branco e o froito é de cor amarelo. pódese comer entre maio ou xuño. Son uns dos primeiros froitos en comerse de óso. As súas sementes son de cor marrón.





Tamén nos deixaron unha receita : 

Galletas con mermelada de níspero

100 gr de manteiga sen sal.
160 gr de fariña
30 gr de azucre
2 culleras de azucre avainillado
unha pizca de levadura en polvo
unha xema de ovo
60 gr de mermelada de níspero.


Belén ensinounos a súa árbore : 









  

Ningún comentario:

Publicar un comentario