Páxinas

domingo, 29 de setembro de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Estos días estivemos traballando nas aulas o coidado do medio ambiente, a importancia dos tres R (reducir, reciclar e reutilizar), a emerxencia climática na que nos atopamos e a necesidade inmediata de tomar medidas urxentes. Por iso, ó longo desta semana realizamos distintas actividades. Entre elas: un minuto de silencio pola terra, asistir ó cole cunha camiseta verde, visionado de vídeos sobre o quecemento global, realización de carteis e unha manifestación. 
#SemanaPoloClima