Páxinas

venres, 13 de decembro de 2019

PROXECTO : ARTE NO OUTONO

Ao longo deste primeiro trimestre, na aula de 5 anos, estivemos traballando un proxecto sobre a ARTE  NO OUTONO. Fixemos un lapbook con adaptacións de obras de outono de distintos pintores como Giuseppe Arcimboldo, Francisco de Goya, Paul Jackson Pollock, Gustavo Torner, Paul Klee e Gustav Klimt.
Deixámosvos un vídeo do noso traballo.



xoves, 12 de decembro de 2019

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO - 25 N

Queremos compartir con vós o videoclip que presentamos o 25 de novembro contra a violencia de xénero no Auditorio Municipal de Caldas de Reis e que compartimos na páxina do facebook do noso centro.
Tamén unhas fotos dese mesmo día no que saímos na TVG.











venres, 22 de novembro de 2019

xoves, 21 de novembro de 2019

PUM, PUM

Hoxe fomos ao Auditorio Municipal de Caldas de Reis ver o espectáculo " PUM, PUM" de Baobab Teatro, unha das actividades enmarcadas dentro da campaña do concello : Caldas en negro contra a violencia de xénero.
Fermoso espectáculo.
Encantounos abrir tantas portas!






mércores, 20 de novembro de 2019

CARAVANA MORADA

Hoxe tocounos entrar na CARAVANA MORADA e desfrutar das aventuras da superheroína Lola e o Príncipe rosa Lolo.
Entramos na caravana por turnos e mentres na aulatraballamos contos de igualdade : Rosa Caramelo e Arturo e Clementina.

#educandoenigualdade 
#caravanamorada


















mércores, 30 de outubro de 2019

CUMPLES DE OUTUBRO

Este mes celebramos os cumples  de :

- Uxía, que fixo 4 anos



- María e Noa Figueiro, que fixeron 5 anos




                                                                       Parabéns nenas!

MAGOSTO E SAMAÍN

Ao longo desta semana leváronse a cabo distintas actividades para a celebración do Magosto e do Samaín : obradoiro de cabazas exposición de cabazas feitas en familia, disfraces, degustación de castañas e xogos populares. Pasámolo moi ben!













mércores, 2 de outubro de 2019

CUMPLES DE SETEMBRO

Este mes celebramos os cumples do mes de setembro.

Rosalía cumpliu 3 anos





Brais, Martina Torres, Lucía e Oliver cumpliron 4 anos








Nuno cumpliu 5 anos




                                                                 Moitos parabéns







domingo, 29 de setembro de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Estos días estivemos traballando nas aulas o coidado do medio ambiente, a importancia dos tres R (reducir, reciclar e reutilizar), a emerxencia climática na que nos atopamos e a necesidade inmediata de tomar medidas urxentes. Por iso, ó longo desta semana realizamos distintas actividades. Entre elas: un minuto de silencio pola terra, asistir ó cole cunha camiseta verde, visionado de vídeos sobre o quecemento global, realización de carteis e unha manifestación. 
#SemanaPoloClima