Páxinas

venres, 4 de novembro de 2016

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (LONDRES)

Levamos xa dende mediados de outubro en Londres!
Aquí o tempo é un pouco chuvioso pero nós xa estamos acostumbrados. Collimos os paraugas e fomos a coñecer Londres. Visitamos a Ponte de Londres que cruza o río Támesis e tamén o Big Ben.


+
 


Pero non todo é pasear... Tamén estivemos coñecendo cousas dun personaxe británico moi coñecido : William Shakespeare e vimos unha das súas obras mais famosas : Romeo e Xulieta.
 
 
 
Poidemos ver como son os autobuses, as cabinas de teléfono, as moedas, buscamos nun atlas infantil en que continente estabamos, limos libros sobre Londres  e ata a teacher Miriam leunos un conto en inglés que veu de Londres...
 
 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario