Páxinas

luns, 22 de decembro de 2014

FELICITACION DE NADAL

Os nen@s de 4 anos desexámosvos un BO Nadal e un próspero Ano Novo.

TALLER DE GALLETAS DE NADAL


Os nen@s de Educación infantil,  levamos a cabo un taller de elaboración de galletas. Pesamos ingredientes, mezclámolos, batemos a mezcla, amasamos, coas formas cortámolas e elaboramos o envoltorio para levalas a casa. Foi unha experiencia moi gratificante!







XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL: 3 E 4 ANOS

O día 9 de decembro os nen@s de 3 e 4 anos participamos nunha actividade complementaria de Educación Vial que se levou a cabo no centro. Un policía local explicounos a importancia de camiñar da man dun adulto cando vamos pola beirarrúa e de pór o cinto ao montar nos vehículos, ademais de amosarnos unha serie de sinais, presentes no quefacer diario. Despois desta breve charla, puidemos coñecer como é un coche de policía,tanto por dentro coma por fóra, así como diferentes instrumentos necesarios para a realización do traballo diario destes profesionais. Rematamos a xornada percorrendo coas bicicletas o circuíto montado no pavillón do centro. Foi unha actividade interesante e placenteira para todos nós.





SAÍDA AO CINE A CALDAS

O venres 19, tódolos nenos do centro acudimos ao cine a Caldas para visionar a película "Como entrenar a tu dragón 2". Portámonos coma uns campións.
 

ACTIVIDADES DE NADAL DOS NEN@S DE 5 ANOS

A continuación queda mostra no video dalgunha das actividades que realizamos na aula con motivo da celebración do nadal.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a picture slideshow

sábado, 20 de decembro de 2014

VISITA DE PAPA NOEL

Onte, chegou a escola Papá Noel, deunos caramelos e puidemos pedirlle aquelo que nos gustaría que nos deixase a noite do día 24 deste mes.

CUMPLEANOS DO MES DE DECEMBRO

Neste mes de Decembro celebramos o cumpleanos de: 
ELBA en 3 anos

LIDIA en 4 anos

e en 5 anos RAÚL, ANTÍA, CRISTIAN e XOEL

PARABÉNS A TODOS ELES!


xoves, 18 de decembro de 2014

ELABORACIÓN DA ÁRBORE DE NADAL POR PARTE DAS FAMILIAS

Neste tempo de Nadal, levamos a cabo actividades relacionadas con estas datas. Así, unha delas consistíu en decorar a porta da aula, contando neste caso coa axuda das nosas familias. Cada unha delas decorou un prato de cartón, para posteriormente montar con todos eles unha árbore de Nadal.  Ademáis dende a aula, elaboramos cadanseu Papá Noel. O resultado e o que a continuación presentamos.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 

DOSSIER MARUJA MALLO

Despois de traballar ao longo do trimestre a vida e obra da artista Maruja Mallo, recollemos nun dossier todo o que fomos Aprendendo. Aquí vos deixamos unha mostra de dito traballo.  

mércores, 17 de decembro de 2014

PROBAMOS OS CAQUIS

Por fin, maduraron os caquis que trouxo Xián ó cole e poidemos probalos. A algúns gustáronnos pero a outros non moito.
 

 
 
 
 

luns, 15 de decembro de 2014

MURAL VITREAUX DE LUIS SEOANE

Este foi o último traballo que fixemos de Luis Seoane os nenos e nenas de 5 anos. Esperamos que vos guste!!!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design generated with Smilebox

EDUCACION VIAL

A semana pasada participamos nunha xornada de educación vial celebrada no colexio. No seguinte video queda constancia do ben que o pasamos nalgunha das actividades proposta.



TURRÓN E UVAS

Hoxe na clase de 4 anos, estivemos traballando cos alimentos típicos do Nadal. Buscamos en panfletos publicitarios diferentes alimentos e posteriormente degustamos dous deles, uvas e turrón de chocolate.








venres, 12 de decembro de 2014

PREPARÁNDONOS PARA NADAL

Achégase o Nadal así que comezamos a preparar todo para estas datas...árbores, Papanoel, Reis Magos, renos, estrelas... Así empezamos o noso traballo...


 

O GORRO DE PAPA NOEL

Hoxe os nen@s de 4 anos, ao chegar a clase, atopámonos un gorro de Papá Noel. Despois de facer suposicións de onde saira o mesmo, a nosa profe contounos que Papá Noel se atopara con ela e que no lo prestou durante uns días. Tamén nos dixo que non debemos de esquecernos de deixalo colgado xunto a árbore de Nadal que coa axuda das familias construímos, posto que sería un sinal de que o noso comportamento foi o axeitado durante este trimestre, e así poder recibir a nosa recompensa en forma de agasallo. Cal será a sorpresa de Papá Noel?Descubrirémolo a volta das vacacións de Nadal, asique se queredes saber o que é seguide atentos ao noso quefacer diario. Namentres tanto, podedes ver que guap@s estamos, pois estivemos coa tablet sacando fotos aos nosos compañeir@s.















REMATAMOS O NOSO PROXECTO DE ARTE : NOVAIS

A piques de rematar o trimestre, os nenos e nenas de tres anos rematamos o noso proxecto de arte no que traballamos a Novais. Así que decidimos recoller as ideas principais neste video. Esperamos que vos guste!




Mirade ben porque as mamás e os papás tamén puxeron o seu graniño de area. Grazas por axudarnos.

EVARÍSTA VAI A CASA DE LÍA

Despois de pasar a fin de semana en Porto do Son,  Evarísta vai con Lía.  Lía quere levala o super a facer a compra e que vexa cantas cousiñas hai. Tamén dar un paseo polo monte e xogar co seu irmán Breixo.
 
 

luns, 8 de decembro de 2014

DISFRAZÁMONOS CON ALGAS

Maruja Mallo era unha muller revolucionaria, así levaba a cabo accións tales como vestirse con algas. Ante a expectación que nos causou vela disfrazada con dito elemento natural, decidimos na asamblea disfrazarnos con algas artificiais. Pensamos con que podíamos facelas, e así chegamos a conclusión de elaboralas

 con cordas, plásticos ou lá. Para gardar tal recordo, tivemos a ocasión de quitar fotografías aos nosos compañeiros disfrazados, para elo empregamos a tablet e a cámara fotográfica. 

CADRO DÚAS MÁSCARAS

Estas semanas estivemos levando a cabo a reprodución doutro dos cadros de Maruja Mallo: "Dúas máscaras ". Para a sua execución, desta vez empregamos ceras brandas e témpera. Pintamos cada unha das partes de cada máscara,  unha triste e outra contenta, e posteriormente compuxemos o puzzle de cada unha delas.

venres, 5 de decembro de 2014

EVARÍSTA VAI A CASA DE INÉS GONZÁLEZ

Recien lavadiña, gracias a Inés Canda e os seus papás, Evarista fixose una foto ca árbore de Nadal e agora, esta fin de semana tan longa,  vai para Faramentans con Inés González. Poñeran tamén alí árbore de Nadal?