Esta é unha ventá do quefacer diario dos nenos e nenas do colexio San Clemente de Cesar de Caldas de Reis. Aquí compartiremos o noso día a día nas aulas de Educación Infantil.
luns, 30 de outubro de 2017
COCIÑA TERRORÍFICA
Hoxe os nenos e nenas de educación infantil participamos nun taller de COCIÑA TERRORÍFICA. Aquí quedan unhas fotos nas que se poden ver as nosas creacións e sobre todo o ben que sabían.
CONTACONTOS
Ao longo deste mes de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil participamos nuns contacontos que traballaban a igualdade de xénero e ante todo e sobre todo o respeto entre todos.
O primeiro conto que traballamos foi O PAÍS DOS MANDÓNS do que podemos concluir que se todos axudamos e colaboramos (homes e mulleres) todos teremos tempo para desfrutar.
O primeiro conto que traballamos foi O PAÍS DOS MANDÓNS do que podemos concluir que se todos axudamos e colaboramos (homes e mulleres) todos teremos tempo para desfrutar.
O segundo foi EL CABALLITO DE MAR, co que descubrimos que moitos animais "machos" son os que coidan das súas crías, non so as femias.
O terceiro foi LA MITAD DE JUAN, co que reflexionamos sobre as características que nos diferencian dos demais e sobre todo e máis importante que nos fan felices.
E por último ELENITA, co que aprendemos que todos e todas podemos ser o que queiramos (soprador de vidro, xastre, fubolista,...)
venres, 27 de outubro de 2017
CUMPLES OUTUBRO
Hoxe, celebramos os cumples do mes de outubro : María e Noa Figueiro cumpliron 3 anos e Brais fixo 4 anos.
PARABÉNS nen@s!
mércores, 4 de outubro de 2017
CUMPLES DE SETEMBRO
O venres 29 celebramos os cumples do mes de setembro.
Nuno celebrou os seus 3 anos por primeira vez na escola cos seus novos amigos e Manuel Couselo celebrou os 5 anos. Parabéns nenos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)