Páxinas

domingo, 27 de novembro de 2016

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (PARÍS)

Levamos xa uns días en París. Estivemos investigando acerca do idioma, da súa bandeira e fomos pasear por París. Sacamos as entradas para ir visitar o museo do Louvre, que o museo mais vistado do mundo, e tamén o ticket para visitar a Torre Eiffel. 


 
 

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO

Aquí vos deixamos un video de todo o traballo que fixemos de Londres.

sábado, 12 de novembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (Carta de Londres e viaxe a París)

Esta semana chegou o carteiro ó colexio e deixounos una carta para nós. Era una carta que viña de Londres. Pero, quen nos mandaba una carta a nós dende Londres?
 
Despois de pensar que igual o que nos escribira fora Willy Fog ou o alcalde de Londres,  abrímola e descubrimos que viña escrita en inglés e firmada pola profe Yoli do ano pasado.
Yoli mandounos unha postal dende Londres. Dicíanos que estaba visitando unha cidade fermosa e encantadora como era Londres e que había moitos lugares e monumentos para visitar. Que sorpresa levamos!!
 


 
 
 
Londres é una cidade moi bonita pero nós temos que seguir coa nosa misión que é axudar a Willy Fog a dar a volta ó mundo así que sacamos o billete de avión para París por internet.


 
 
 
 
Mamás e papás, non vos preocupedes xa chegamos a París. Estamos moi emocionados. Que haberá en París?
 
 

martes, 8 de novembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (LONDRES)

Onte estivemos investigando sobre bailes típicos de Reino Unido e coñecimos a Danza Morris típica de Reino Unido. Pasamolo moi ben practicando o baile.

Aquí deixamosvos a mostra :




E non podíamos marchar de Londres sen probar o té ( Tea Time). Sabemos que a hora do té é as 5 da tarde pero fixemola hoxe pola mañan coa axuda da teacher Maite.



 
 

venres, 4 de novembro de 2016

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (LONDRES)

Levamos xa dende mediados de outubro en Londres!
Aquí o tempo é un pouco chuvioso pero nós xa estamos acostumbrados. Collimos os paraugas e fomos a coñecer Londres. Visitamos a Ponte de Londres que cruza o río Támesis e tamén o Big Ben.


+
 


Pero non todo é pasear... Tamén estivemos coñecendo cousas dun personaxe británico moi coñecido : William Shakespeare e vimos unha das súas obras mais famosas : Romeo e Xulieta.
 
 
 
Poidemos ver como son os autobuses, as cabinas de teléfono, as moedas, buscamos nun atlas infantil en que continente estabamos, limos libros sobre Londres  e ata a teacher Miriam leunos un conto en inglés que veu de Londres...