Páxinas

venres, 31 de marzo de 2017

Onte, na sesión de contacontos na biblioteca limos "Pequeno azul, Pequeno amarelo" e, a partir deste, os nenos de 4º de Educación Infantil fixeronnos un truco de maxia: nunha man botaron un pouquiño de pintura azul e noutra un pouquiño de amarelo, frotaron as mans, e........... apareceu a cor verde.

Qué divertido!






mércores, 29 de marzo de 2017

CUMPLES DO MES DE MARZO

Hoxe celebramos no cole os cumples do mes de marzo.
Rita fixo 4 anos, Iago 5 anos e Belén e Noa fixeron 6 anos.
Parabéns ós catro! 
 



 

xoves, 23 de marzo de 2017

martes, 21 de marzo de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (INDIA)

Onte, o profe Jose, veu a nosa clase para falarnos de Jyothamma e Pushpalatha, dúas nenas da India que ten apadriñadas. Contounos cousas interesantes e ensinounos fotos delas e tamén cartas e debuxos que lle envían para agradecerlle a súa axuda.
 


 Hoxe estivemos pintando mandalas mentres escoitabamos música hindú.
 
 
 
 

 
 

venres, 17 de marzo de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (INDIA)

Levamos xa uns días desfrutando da India. Visitamos o Taj Mahal, pintamos mans  de henna, vimos moitos deuses, cheiramos curri, vimos desfiles de elefantes, bailamos bollywood... Pasamolo moi ben!

martes, 14 de marzo de 2017

HIXIENE BUCODENTAL

Hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, tivemos unha charla sobre hixiene bucodental.


venres, 10 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

Na clase de 5 anos estivemos a traballar coa profe Lucía ca prensa.
 
 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, o mércores 7 desfrutamos do espectáculo de Pablo Pablísimo "Principas e princesos" e o xoves 8 de marzo nais dos/as nenos/as do cole contáronnos en que consistía o seu traballo e o seu quefacer diario.

 

 

venres, 3 de marzo de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO

Aquí deixamos o vídeo das actividades que fixemos sobre Exipto.
 
 
O noso seguinte destino é... AGRA (INDIA). Hoxe comezamos a viaxe...
 
 
Que haberá na India?
 
 

xoves, 2 de marzo de 2017

mércores, 1 de marzo de 2017

DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO)


EXCURSIÓN Ó MUSEO DE PONTEVEDRA E MUSICAL DE PETER PAN

O pasado 17 de febreiro, os nenos/as de Educación Infantil e os nenos/as de 1º de Educación Primaria fomos a Pontevedra de excursión. Primeiro fomos o museo e despois fomos ver o musical de Peter Pan e aproveitamos para dar un paseo pola cidade.