Páxinas

mércores, 24 de abril de 2019

CONTACONTOS DÍA DO LIBRO

Con motivo da conmemoración do Día do Libro tivemos unha sesión de contacontos no noso centro onde os contos clásicos tiñan finais novos. Tamén tivemos tempo para cantar un pouquiño e ata bailar. Pasámolo moi ben!











SALÓN DO LIBRO (PONTEVEDRA)

O xoves, 11 de abril, visitamos o Salón do Libro de Pontevedra onde disfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Andrea Valle e tamén tivemos unha visita guida polo Salón, adicado este ano a "Revolución".









CIENCIA NA RÚA

O mércores, 3 de abril, visitamos Caldas de Reis para asistir a "Ciencia na rúa",experiencias científicas explicadas polo alumnado dos Centros Educativos do municipio, no marco da Semana da Cultura Científica #SabioCaldas





luns, 1 de abril de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS

A Real Academia Galega de Belas Artes adica o día de hoxe, a Luis Seoane no Día das Artes Galegas. O alumnado de Educación Infantil tamén quixemos homenaxear a este pintor adaptando as súas obras "Os limóns", "Bodegón de peixes", "Centola e cítricos" e "Bodegón de peras".

#DíadasArtesGalegas2019