Páxinas

venres, 28 de novembro de 2014

EVARÍSTA VAI A CASA DE INÉS CANDA

Hoxe Evarísta marchou con Inés Canda. Non sabemos que van facer durante toda a fin de semana pero Inés espera levala a un sitio e despois contarnos.
 

sábado, 22 de novembro de 2014

BODEGÓN CON CABAZAS

Como xa publicamos nunha entrada anterior, a clase de 5 anos está traballando un pintor galego: LUIS SEOANE. A continuación nun vídeo móstrase como se avanzou no traballo e estudio dun dos seus cadros moi relacionado co outono: BODEGÓN CON CABAZAS.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow made with Smilebox

Seguiremos con máis publicacións.... A próxima OS LIMÓNS.

MAGOSTO

Xa fai uns días que se celebrou o magosto no noso colexio e os nenos e nenas de 5 anos ademais de participar nos xogos que se prepararon para esta celebración, adornamos a nosa porta cunha gran castaña decorada por nós mesm@s. Aquí queda o resultado.






venres, 21 de novembro de 2014

EVARÍSTA VAI A CASA DE HUGO

Evarísta volve a Cesariños. Esta fin de semana estará na casa de Hugo.
De seguro que o pasarán moi ben!
 


 
 

XIAN TRAE CAQUIS Ó COLE

Onte, Xian trouxonos a clase una froita que non coñecíamos : os caquis.
Tocámolos, cheirámolos, vimos a súa cor... Tamén buscamos información na rede e vimos que eran ricos en potasio e vitaminas A, C e E. 
 
Estamos desexando probalos a ver se nos gustan!!
 
Esta fin de semana deixamolos na clase para que maduren e a ver se a próxima semana podemos degustalos. Tamén vimos que se os gardamos nunha bolsa de papel maduran antes así que a esperar que estén ben maduros.
 
 
Grazas Xian!
 

luns, 17 de novembro de 2014

SORPRESA: A TABLET

Hoxe na clase de 4 anos tivemos sorpresa. A profe Silvia trouxo unha tablet coa que puidemos debuxar e afianzar contidos de lecto-escritura e lóxico-matemática. Que divertido!







domingo, 16 de novembro de 2014

MAGOSTO NA ESCOLA

O venres pasado celebramos na escola o Magosto. Para elo levamos a cabo diferentes xogos populares, obradoiros e degustación de castañas. Foi unha mañá moi divertida e amena.

venres, 14 de novembro de 2014

EVARÍSTA VAI A CASA DE HAILE.

E por fin chegou o día ...Esta fin de semana Haile leva a Evarísta a súa casa. Que farán xuntos? Haile contounos que quere ensinarlle os seus camións e coches. Estaba moi contento coa súa amiga Evarísta e non lle daba chegado o día. Agora a desfrutar da súa compañía!


Pasadeo ben!

mércores, 12 de novembro de 2014

REPRESENTACIÓN CADRO "EL RACIMO DE UVAS" DE MARUJA MALLO


Os nen@s de 4 anos levamos uns días traballando sobre unha das obras da pintora  Maruja Mallo. Así, comezamos pintando os cartóns dos rolos de papel hixiénico de cor morada para facer as uvas; Posteriormente extendemos plastilina nas follas do acio. A continuación pintamos no papel continuo aqueles trazos que nos suxería o cadro. E finalmente, machacando tiza marrón con un martelo e mezclándoa seguidamente con azucre, conseguimos facer unha mezcla que semellase area, posto que o acio das uvas atópase sobre un fondo costeiro. Isto é en resumidas contas un pouco do traballo que isto conlevou!
Aaaahhh e non vos esquezades cando pasedes polos corredores do noso centro de botarlle unha ollada a nosa obra.


A CASTAÑEIRA

Con motivo da celebración do Magosto o próximo venres, na clase de 4 anos, esta semana, estamos a traballar cousas relacionadas con esta festividade, hoxe tocounos a figura da Castañeira. Así, visionamos un conto da Castañeira e levamos a cabo diferentes manualidades.


martes, 11 de novembro de 2014

MEDIMOS E REPRESENTAMOS




Na clase de 4 anos, onte, traballando no proxecto, ocurriusenos a idea de ver canto media o cadro "EL RACIMO DE UVAS" sobre o que estabamos a traballar. Para elo, averiguamos as súas medidas, procuramolas na cintra métrica e representamolas no chan da aula. Este traballo permitiunos establecer comparacións coa representación de dita obra feita na clase: cal era maior, cal era menor...     

PALABRAS DO OUTONO E DO MAGOSTO

No recuncho do Trasno da biblioteca, hoxe estivemos a construir palabras relacionadas co Magosto e co Outono.
                                        




COMEZAMOS A SUMAR

Hoxe na aula comezamos coa suma de modo lúdico. Para elo empregamos números de madeira e tapóns. Ainda estamos un pouco verdes, pero pouco a pouco vamos entendendo a dinámica. 
                                        





sábado, 8 de novembro de 2014

martes, 4 de novembro de 2014

LUIS SEOANE

Este ano Educación Infantil está a traballar un proxecto de arte. Para elo decidimos centralo en artistas galegos, sendo NOVAIS a escollida polos nen@s de 3 anos, MARUJA MALLO polos de 4 e en 5 decidimos saber sobre LUIS SEOANE. Nestas fotos podedes ver a información que nos proporcionaron as familias ás que lles pedimos colaboración na aportación de material que agora temos colocado no recanto adicado a este proxecto.








DISFRUTANDO DO SAMAÍN POLA CLASE DE 5 ANOS

Neste vídeo queda a mostra de como vivimos o Samaín na aula de 5 anos. Esperamos que difrutedes!!!!!!!!!!!!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design made with Smilebox

DEGUSTANDO FIGOS

Na aula de 5 anos estivemos a traballar sobre os diferentes froitos do outono, e un deles e que máis lles chamou a atención foi o figo, así que na clase probamos figo e mermelada de figo. Algúns non quixeron probar pero os que sí se atreveron aquí os podedes ver degustando e repetindo!!!!!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow personalized with Smilebox

sábado, 1 de novembro de 2014

TALLER DE COCIÑA TERRORÍFICA!!!!!

O pasado mércores día 30 e outubro os nenos e nenas de infantil fixemos un taller de cociña terrorífica e a través deste vídeo deixamos mostra do resultado final.
Esperamos que vos guste!!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own digital slideshow