Páxinas

mércores, 12 de novembro de 2014

REPRESENTACIÓN CADRO "EL RACIMO DE UVAS" DE MARUJA MALLO


Os nen@s de 4 anos levamos uns días traballando sobre unha das obras da pintora  Maruja Mallo. Así, comezamos pintando os cartóns dos rolos de papel hixiénico de cor morada para facer as uvas; Posteriormente extendemos plastilina nas follas do acio. A continuación pintamos no papel continuo aqueles trazos que nos suxería o cadro. E finalmente, machacando tiza marrón con un martelo e mezclándoa seguidamente con azucre, conseguimos facer unha mezcla que semellase area, posto que o acio das uvas atópase sobre un fondo costeiro. Isto é en resumidas contas un pouco do traballo que isto conlevou!
Aaaahhh e non vos esquezades cando pasedes polos corredores do noso centro de botarlle unha ollada a nosa obra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario