Páxinas

venres, 27 de febreiro de 2015

BUSCANDO FADAS E TRASNOS NO PATIO DA ESCOLA

Hoxe, aproveitando que saiu o sol, fomos a procura de fadas e trasnos. Saímos en silencio, pois a estes seres máxicos non lles gusta o ruído e dirixímonos ao "bosque" do patio como nos lle chamamos. Alí en equipo, entre tod@s, buscamos as fadas e trasnos das 4 estacións, reforzando deste xeito o traballo cooperativo. E obxectivo conseguido, todos eles apareceron!









CUMPLEANOS DO MES DE FEBREIRO

Este mes de Febreiro cumpliron anos:
- Na aula de 3 ANOS: 
Hugo, Bruno, Inés Canda, Xavi e Azucena

- Na aula de 4 anos: Nicolás


- E na aula de 5 anos: Naiara

PARABÉNS A TOD@S! 

INDIOS DE SAN CLEMENTE

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


Na sesión semanal de psicomotricidade, desta volta fixemos un circuito no que nos convertemos en INDIOS.

Ademais de xogar e pasalo en grande, a través dos circuitos psicomotrices, neste caso de 5 elementos, estamos traballando aspectos importantísimos como usar os coñecementos espaciais para orientarse, seguir unha orde dentro do mesmo, ser capaz de estar e coordinarse en grupo... así como saltar, arrastrarse, subir, baixar, meterse por dentro...sen esquecer que somos INDIOS e da importancia da función simbólica.



xoves, 26 de febreiro de 2015

OS TRASNOS DE 4 ANOS XOGAN CON POMPEIROS

Hoxe, despois de preguntarlle a profe a que xogaban os trasnos (a facer pompas) e de averigualo, decidimos intentalo. Imaxinamos ser uns trasnos e fixemos pompas co pompeiro, estoupámolas, collemolas, e como non, tamén nos mollamos un pouquiño!
































mércores, 25 de febreiro de 2015

NOVA DECORACIÓN DA PORTA DA AULA: UNHA FADA E UN TRASNO

Hoxe rematamos a nova decoración da porta da nosa aula. Como estamos a traballar as fadas e os trasnos, decidimos dexorala con motivos relacionados co centro de interese a traballar.



martes, 24 de febreiro de 2015

RESPOSTA AS NOSAS DÚBIDAS: O TRASNO BEN E A FADA HOLLY

Hoxe, ao chegar a clase, fomos o bosque encantado, e comprobamos que as nosas preguntas a cerca de quen deixará a caixa que onte apareceu foran contestadas.
Os responsables de dito feito foron a fada Holly e o trasno Ben.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, é o Día de Rosalía de Castro.
Buscamos en internet información acerca desta poetisa, pintamos as letras do seu nome, escoitamos cancións dos seus poemas e recitamos un poema.
 Deste xeito, os nenos e nenas de tres anos, conmemoramos o 178º aniversario do seu nacemento.
 
 
 
 

luns, 23 de febreiro de 2015

URIEL E O LIBRO VIAXEIRO DOS PINGÜÍNS

Ata aquí chegou o libro viaxeiro dos pingüíns. Uriel foi o derradeiro neno en levalo a súa casa. Nel plasmou unha adiviña relacionada con dito animal, e debuxouno acompañado dun iglú.Todo elo coa axuda da súa mamá. Grazas pola vosa colaboración!

UNHA CAIXA CHEA DE SORPRESAS: FADAS E DUENDES

Hoxe na aula de 4 anos, dixemoslle adeus aos pingüíns e recibimos a uns novos personaxes: AS FADAS E OS DUENDES.
Este será o novo centro de interese a traballar. Esta mañá, na escola apareceu un paquete dirixido aos nen@s de 4 anos. Ao principio, asustámonos un pouquiño, posto que ouvimos un forte ruído na porta da clase, saímos ver e alí estaba a caixa.
Nela atopamos unha variña, uns cascabeis, pó de fada, unha frauta, unha partitura, contos...
 Queríamos saber quen fora o que deixara aquilo, pero non foi posible posto que só nos deixou unhas cantas pistas escritas nunha carta. Como estábamos intrigados en saber máis, decidimos preguntarlle o seu nome e de onde viñan, para elo escribimos as cuestións e agochámolas no bosque encantado onde os personaxes desta nova aventura nos deixaron unha imaxe deles. ESTAMOS DESEXOSOS DE OBTER RESPOSTA!