Páxinas

luns, 23 de febreiro de 2015

UNHA CAIXA CHEA DE SORPRESAS: FADAS E DUENDES

Hoxe na aula de 4 anos, dixemoslle adeus aos pingüíns e recibimos a uns novos personaxes: AS FADAS E OS DUENDES.
Este será o novo centro de interese a traballar. Esta mañá, na escola apareceu un paquete dirixido aos nen@s de 4 anos. Ao principio, asustámonos un pouquiño, posto que ouvimos un forte ruído na porta da clase, saímos ver e alí estaba a caixa.
Nela atopamos unha variña, uns cascabeis, pó de fada, unha frauta, unha partitura, contos...
 Queríamos saber quen fora o que deixara aquilo, pero non foi posible posto que só nos deixou unhas cantas pistas escritas nunha carta. Como estábamos intrigados en saber máis, decidimos preguntarlle o seu nome e de onde viñan, para elo escribimos as cuestións e agochámolas no bosque encantado onde os personaxes desta nova aventura nos deixaron unha imaxe deles. ESTAMOS DESEXOSOS DE OBTER RESPOSTA!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario