Páxinas

venres, 28 de abril de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (CHINA)

Esta semana estivemos traballando o teatro de sombras. Vimos un conto que nos gustou moito "O dragón de Li" e despois xogamos a inventar unha historia para representar con sombras grazas a nai de Xavi que nos fixo unhas figuras chulísimas. Inventamos moitas historias e pasámolo xenial coas luces apagadas. Fixemos sombras coas nosas mans!!

Tamén estivemos investigando sobre os animais de China porque o outro día pola noite alguén nos entrou na clase e deixou as súas pegadas. Despois de investigar, descubrimos que fora un oso panda e visitamos o zoo de Pekín onde vimos como comían os osos.

E hoxe andivemos a traballar a motricidade fina cos palillos que nos trouxo Inés Canda.
Somos capaces de usar os palillos!!





DÍA DO LIBRO

Como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro no Centro. Este ano, organizouse unha actividade chamada "Padriños e Madriñas Lectores", que consiste en que os alumnos, por parellas, escollen un libro da Biblioteca do Centro para contarlle ese conto os seus "apadriñados" lectores, que son distintos alumnos do centro dende a etapa de Infantil ata 6º de Educación Primaria.
A actividade foi todo un éxito, tanto pequenos como maiores pasaron un bo rato arredor dun libro. Deixámosvos unhas fotos da actividade!
Tamén participamos nun mural no que todos os nenos e nenas do cole recomendamos os libros que máis nos gustan. Quedou moi bonito!


sábado, 22 de abril de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (CHINA)

Esta semana andivemos de ruta. Primeiro, subimos en tranvía ó Pico Victoria que é o monte máis alto de Hong Kong e dende alí vimos toda a cidade. Os rañaceos son impresionates!!! Sabíades que Hong Kong é a cidade do mundo con mais rañaceos?
Tamén visitamos a Gran Muralla China... é longuiiiiiiiiiisima!!! e os Guerreiros de Xi´an, un exército de terracota.
E tivemos tempo para bailar a danza do dragón.


 
 

 
 
 
 
 
 
 

sábado, 8 de abril de 2017

SAÍDA A CALDAS

Onte visitamos a Biblioteca Municipal e o mercado. Que bo tempo facía!

PLANTAMOS NO HORTO

Chegou o bo tempo, así que esta semana aproveitamos para plantar no horto!
Todos os nenos de Infantil colaboramos nestas duras tarefas: fixemos os buratos na terra, botamos as sementes e plantas, as volvimos cubrir coa terra e por último, as regamos.
Despois das vacacións esperemos encontrar no horto as nosas leitugas, tomates, cebolas, pementos, patacas, fresas, frambuesas, fabas... e ademáis un fermoso xardín na entrada do cole con flores e plantas como a caléndulas, menta, eneldo, galaxia...









venres, 7 de abril de 2017

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (CHINA)

Por fin!! Chegamos a HONG KONG (China).
 
NI HAO!!



Teremos que buscar a familia de Romy e tamén dar una voltiña... traemos moita fame!! Seremos capaces de comer cos palillos?

martes, 4 de abril de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (SINGAPUR)

Na India coñecimos a Romy, unha princesa. Cando era nena os seus pais morreron e anda en busca da súa familia. Viaxa con nós ata Singapur onde cre que viven os seus familiares. 
Hoxe partimos para Singapur e ó chegar alí descubrimos que os parientes de Romy mudaronse hai dous anos para Hong Kong.
Antes de partir, demos unha voltiña para coñecer un xardíns que nos recomendaron : Os xardíns da Bahía e fixemonos unha foto con Romy. Que bonita a primavera! e
Que ben que virá con nós ata China! Pronto comezamos nova viaxe.
 
 


 

sábado, 1 de abril de 2017

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (INDIA)

Aquí deixamos o noso vídeo coas actividades realizadas sobre a India.
Pronto viaxaremos a un novo país.
Esperamos que vos guste...