Páxinas

sábado, 19 de decembro de 2015

POLO NADAL....

Ao longo do mes de decembro na clase de 5 anos o encargado de cada día tiña unha nova tarefa, co CALENDARIO DE ADVIENTO!. 
Aproveitamos para traballar a escritura (xa que cada día escribíase a forma da chocolatina que nos tocaba), a secuencia numérica, a resposabilidade, vocabulario propio do nadal...pero sobre todo desfrutramos coa nova tarefa.


CUMPLES DE DECEMBRO

Para rematar o ano, o xoves, celebramos os cumples de Elba (4) e de Lidia Araújo (5). 
Parabéns nenas!



LIBRO VIAXEIRO : OS CHAMPIÑÓNS.

Esta semana Hugo trouxo o libro viaxeiro cunha receita de CHAMPIÑÓNS.

RECEITA :

REVOLTO DE CHAMPIÑÓNS CON TAQUIÑOS DE XAMÓN

Ingredientes:
-450 gr. de champiñóns.
-Dous paquetes de taquños de xamón.
-Aceite
-Allos.
    




Preparación . 

-Primeiro, lavar ben os champiñons e cortar en rodaxas.
-Coller unha tixola e botarlle aceite e allo.
-Mezclñar na tixola os champiñóns e os taquiños de xamón.
-Esperar a que se fagan e retirar do lume. 

Listos para comer. a Hugo encantalle esta receita e tamén a seu irmán Xoel. 
Bo proveito!!






martes, 8 de decembro de 2015

ADIVIÑAS? VEXETAIS DE OUTONO

Na aula de 5 anos levamos un tempo elaborando un libriño de adiviñas, todas elas centradas en vexetais de outono, partindo do proxecto anual da Biblioteca Escolar.
Encántanos xogar a adiviñar ! quéresnos escoitar?


luns, 7 de decembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO : O KIWI.

Este luns, Inés Canda ensinounos o seu traballo sobre o KIWI.

A orixe do kiwi é moi, moi lonxana. Nada menos que a China. De ahí, o seu nome científco : Actinida chinensis. Mais tarde a súa producción extendeuse a Nova Zelanda, dende onde comezou a exportarse a Europa.
No que nun principio era unha froita exótica pasou en poucos anos a converterse nun aliado extraordinario na nosa alimentación gracias as súas propiedades terapéuticas e riqueza en vitaminas :
- Un só kiwi aporta casi o dobre de vitamina C que unha laranxa ou un limón e cubre a necesidade diaria desta vitamina tanto nun adulto como nun neno/a.
- Reforza o sistema inmunitario e preven de posibles infeccións como resfriado ou gripes.
- Favorece a absorción de ferro e axúdanos a mellorar os ósos e tamén os dentes.  Pode considerarse un "SUPER ALIMENTO"

Como curiosidade pódese destacar que comer kiwis reduce o estrés e os nervios. Os médicos recomendan comer un kiwi antes dunha entrevista de traballo ou dunha reunión importante para reducir a tensión.

Todo isto aprendemolo buscando na rede e tamén indo a recolectalos cos meus amigos Haile e Carmen . Levounos o meu padriño Damián, que nos fixo esta foto :



Receitas con kiwi :

Mermelada de Kiwi 
Ingredientes :
- 1 kilo de kiwis.
- 750 gr de azucre.

Preparación :
-Pelamos os kiwis e cortamos cada un en catro trozos.
-Poñemos nunha cazola e engadimos o azucre.
-Poñemos o lume a fogo medio durante 20 minutos sen deixar de remexer.
-Pasado ese tempo repartimos en botes de cristal e en canto enfríe estará lista para consumir.

Proposta para estas datas de Nadal :

Árbore de Nadal con kiwi e grosellas
Ingredientes :
- Kiwi
-grosellas
-amorodos

Preparación :
- Pelar un kiwi e cortar en láminas.despois pola metade ó longo.
-Pinchar grosellas nas brochetas e colocar no centro do prato.
- Colocar as láminas do kiwi ó lado das grosellas.
- Decorar coa metade do amorodo.



 E chegou o momento de degustar a mermelada de kiwi e o kiwi tamén :










                                               Grazas papás e padriño! Gustounos moito.

xoves, 3 de decembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO : O AGUACATE.

O luns, Inés González falounos do AGUACATE, unha froita orixinaria de Centroamérica. É unha das froitas mais completas e saudables. Son moi ricos en vitamina A,C, D, K e tamén vitamina E que retrasa o envellecemento. Ademais contén Omega 3 e ácido fólico. É moi bo para as embarazadas e contén mais potasio que o plátano.
  

Tamén se usan en cosmética xa que se pode facer mascarilla para a pel e o cabelo.
Na cociña pódense usar de moitas maneiras: recheos, en ensaladas, cremas, etc. Non ten un sabor moi forte así que é ideal para os nenos.

Na casa de Inés hai dúas árbores plantadas porque lles gusta moito a todos. O mais vello ten case vinte anos pero non da froitos. O que si da é unha sombra moi boa e fresca no verán.
O pequeno plantárono a primavera pasada e esperan que, si non o queima a xeada e non enferma, de froitos nuns cinco ou seis anos.

Despois de contarnos todo isto xurdironnos algunhas dúbida... como saberá?  Case ningún neno/a nunca o comera asi que compramos aguacates e probamolos. Non tiveron moito éxito así que probamos a facer guacamole, unha receita mexicana e degustamolo con galletas mariñeiras. Así xa nos gustou mais. 





















domingo, 29 de novembro de 2015

TRABALLOS DA HORTA

Nas últimas semanas fixemos algún traballiño na horta. por un lado tapámola con folla seca para que non bote herbas ó longo do inverno e por outro fixemos un semillero de ravos e escarolas. Así traballamos!











xoves, 26 de novembro de 2015

Cora e as Meninas de Canido.

 Hoxe, recibimos por correo unhas fotos da familia de Cora que quixeron compartir con nós. 

Acordádesvos de canto traballamos sobre María Luisa Novais o curso pasado?? Facede memoria... unha pintora galega que participara nun movemento revindicativo chamado "Las Meninas de Canido". Este movemento  trataba de representar nas paredes dun barrio de Ferrol (Canido) a obra de Velázquez "Las Meninas" co obxetivo de chamar a atención sobre o abandono do barrio. Pois ata alí, ata Canido, achegáronse os pais de Cora, a avoa Maruja e o seu irmán Nuno e atoparon a Menina Lunar de Novais que tanto nos gusta, ademais doutras meninas que son una fermosura.

         


                                         Cora e o seu papá coa Menina Lunar de Novais

         

                                     Nós o curso pasado ca Menina Lunar que pintamos na clase.


Outras Meninas de Canido :














   Que paseo mais bonito! Grazas Santi e Marián por compartilo con nós.