Páxinas

sábado, 31 de xaneiro de 2015

AS PANTALLAS DE SAN CLEMENTE

Este segundo trimestre os nenos e nenas de infantil de San Clemente anda a traballar sobre o entroido galego, así que cada aula escolleu un entroido e púxose a traballar sobre el. Os nenos e nenas de 5 anos andamos a aprender cousas sobre as PANTALLAS  de Xinzo de Limia. O primeiro que fixemos foi un mural cunha pantalla para o pasillo do colexio e este foi o resultado.













venres, 30 de xaneiro de 2015

EVARÍSTA VAI A CASA DE XAVI

A  fin de semana pasada Evarísta foi a modista con Noa e a súa familia. Fixeronlle un vestido moi bonito e xunto co colar que lle preparou Lía e a súa familia esta moi guapa. Así de guapa vai para casa de Xavi. Esta ra é moi presumida!


AINARA E O LIBRO DOS PINGÜÍNS

Ainara xunto coa súa familia, plasmaron no libro dos pingüíns, aspectos tales como animais que conviven cos pingüíns no Polo Sur: orcas, osos polares, focas...; e alimentos que consumen coma os peixes. Grazas pola vosa colaboración. 

CUMPLEANOS DO MES DE XANEIRO

Este mes esrivo de cumpleanos na aula de  4 anos: AINTZANE.
Parabéns polos teus 5 anos!

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro celebramos na escola o Día da Paz. Na aula de 4 anos, entoamos a canción " Somos amigos" dos Cantaxogos, levamos a cabo, a elaboración da pomba da Paz, en cuio dorsal escribimos unha palabra relacionada co tema, para decorar os corredores do centro, e realizamos unha coroa relacionada coa temática. 





martes, 27 de xaneiro de 2015

MÁSCARA XIGANTE DE PELIQUEIRO

Como na aula seguimos a traballar os peliqueiros, decidimos elaborar unha gran máscara deste personaxe. Empregamos para elo témpera, viruta de cera, plastilina, papeis de seda e papel celofán. 








 










luns, 26 de xaneiro de 2015

NICOLÁS E O LIBRO VIAXEIRO DOS PINGÜÍNS

Esta fin de semana, Nicolás, tivo traballo dobre o conto semanal e o libro viaxeiro dos pingüíns, pero como el e capaz de todo, coa axuda de Mamen, dou resposta a todo o traballo. Aquí tedes o produto final! Grazas pola vosa colaboración! 

LIDIA E O LIBRO VIAXEIRO DOS PINGÜÍNS

O venres Lidia amosounos o traballo realizado coa súa familia, estaba toda nerviosa por ensinarllo aos demais nen@s. Este foi o resultado! Grazas pola vosa colaboración! 

sábado, 24 de xaneiro de 2015

SEGUIMOS COAS MEDIDAS

Ao longo desta semana as medidas estiveron relacionadas coa recollida de temperaturas: a nosa propia, a da aula e a exterior. Nin que dicir ten que dentro estamos moi quentiños!!!!! E senón fixádevos no video e comparade!!!! Un saudiño.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free photo slideshow

XA ESTÁ AQUÍ O INVERNO

Á volta de vacacións os nenos e nenas de 5 anos comezamos traballando sobre un mural do inverno, as súas características, que meses afecta, e aquí tendes o resultado un para a aula e o outro para a porta cun personaxe coñecido por todos os nen@s. Coñecédelo??








ALMORZOS SAUDABLES

O pasado 13 de xaneiro desenvolveuse no colexio unha sesión didáctica: ALMORZOS SAUDABLES. E que mellor forma de coñecelos que facelo un mesmo. Tomaron zume de laranxa recén exprimido, friame, pan, froitos secos, iogur e mel.
 Para elo desprazáronse ao colexio dúas persoas que lles explicaron aos nenos e nenas a pirámide dos alimentos, así como tamén cal era a forma correcta de lavar e conservar en bo estado os dentes. Deixamos unha breve mostra en forma de fotografías para que vexades como foi a xornada.



venres, 23 de xaneiro de 2015

EVARISTA VAI A CASA DE NOA

Por fin toucoulle a Noa!!!! coas gañas que tiña. Evarísta vai pásalo moi ben na súa casa xogando con Noa e co seu irmán Roi. Pasadeo ben e ensinadelle moitas cousas a Evarísta!

mércores, 21 de xaneiro de 2015

SARAI E O LIBRO VIAXEIRO DOS PINGÜÍNS

Hoxe Sarai amosou aos seus compañeir@s o traballo dos pingüíns, realizado coa axuda da súa familia. Tróuxonos moita información:que pasan moito tempo na auga, que hai mais de 18 clases de pingüíns...
Grazas pola vosa colaboración!

COMEZO PROXECTO O ENTROIDO GALEGO: OS PELIQUEIROS

Esta semana arroncou na aula de 4 anos un novo proxecto relacionado co entroido: OS PELIQUEIROS.
Hoxe, mediante o xogo, estivemos buscando no mapa onde se atopan os pobos e vilas galegas nas que se disfrazan de peliqueiros, ademais, nas que o fan de volantes, pantallas,  boteiros, xenerais, vergalleiros...; a vez que identificamos cada disfrace.