Páxinas

venres, 30 de outubro de 2015

LIBRO VIAXEIRO : COGUMELOS.

O luns foi Xavi quen levou o libro viaxeiro. Xavi e a súa familia, puxéronse mans a obra co traballo e tan rápido o fixeron que ata o trouxeron antes de tempo!!!... como o luns non hai cole pois cargadiños viñeron o último día desta semana. 
Xavi quixo traballar sobre os COGUMELOS.
Na tempada de Outono podemos atopar cogumelos entre as follas do bosque. Os cogumelos son os froitos dun fungo chamado micelio, que vive debaixo da terra e alimentase dos restos podres das árbores. Do mesmo xeito que as froitas das árbores, os cogumelos están cheos de SEMENTES, para se reproducir e que continue habendo cogumelos o ano seguinte. Hai moitas variedades diferentes e recoñecense pola cor, as láminas e a forma do sombreiro.
Gústalles a humidade e a sombra, pero non aguantan ben o frío. 
Cada variedade de cogumelo ten preferencia por un tipo de árbore. Por exemplo, ós NÍSCALOS gústalles vivir nos penedos. O que teñen todos en común e que elixen árbores vellas  de bosques antigos (non reprantados).
Algunhas variedades dos cogumelos podemos comelas as persoas, outras son tóxicas, poderíamos morrer se as comemos. É por iso que NON debemos coller cogumelos que non coñezamos e o mellor é ir acompañados por expertos para nonconfundirnos. MOITO COIDADO!!!

 
Amanita muscaria. Tóxica

Unha vez collidos non aguanta moito tempo e se queremos comer cogumelos todo o ano temos que buscar un xeito de conservalas. Pódense deshidratar), en escabeche...
 Hai persoas que as cultivan na súa casa. É unha técnica pouco extendida pero parecese moito a cultivar na horta : cóllese a semente do cogumelo e insertala no interios dun tronco e... a que pasa!!!

Destacan moitas receitas de cogumelos coma... cogumelos salteados ou acompañamento doutros pratos coma coello con arroz, croquetas de cogumelos...
A modo de curiosidade ... os curmáns mais pequenos dos fungos son os encargados de curar enfermidades ( antibióticos) e outra variedade de fungos, os lévedos,  fan subir a masa do pan e os biscoitos.
En cada rexión reciben nomes distintos. Esta familia con raices catalanas
ensinannos como se chaman os Boletus en catalán : CEPS e os níscalos : ROVELLÓNS.





Que sorte!! poidemos velos, tocalos, ulilos... Gracias Xavi por vir cargadiño!!!

LIBRO VIAXEIRO : COLES DE BRUSELAS

Este curso, na aula de 4 anos, botamos a andar un libro viaxeiro donde cada semana un neno/a, coa axuda da súa familia, aportaranos algo especial relacionado coas hortas. A través desta experiencia descubriremos o mundo dos olores e sabores, cores, texturas, formas, volumes e dimensións, ademáis de achegarnos ás hortas do mundo.
O pasado luns, Xián explicábanos o seu traballo sobre as COLES DE BRUSELAS:

Este ano, na casa de Xián, prantaron coles de bruselas por primeira vez. As coles de bruselas son da familia das crucíferas como os repolos ou a coliflor. Cultívase en moitos lugares do mundo. Ao principio parécese o repolo pero despois medra ata un metro de altura e esas coles son xemas.
Chámanse así porque apareceron cerca da cidade de Bruselas arredor do ano  1821.
Son boas para previr o cancro do aparato dixestivo. Así que a comer san e rico. A familia de Xián recomendanos coles de bruselas con xamón. Que rico!




luns, 26 de outubro de 2015

XOGAMOS COS SENTIDOS

Na clase de 5 anos xogamos cos sentidos:
para adiviñar sen ver, tocamos, ulimos e escoitamos.

O TACTO: PARA XOGAR CO TACTO METEMOS A MAN NUNHA BOLSA CHEA DE COUSAS E DECIMOS QUE TOCAMOS.



O OÍDO: ADIVIÑAMOS SE SOAN AS NOCES OU O RUXIR DAS ESPIGAS DE MILLO.



O OLFATO: PRIMEIRO ULIMOS CANELA, LIMÓN E UNHA TOALLINA HÚMIDA, E LOGO COS OLLOS TAPADOS ADIVIÑAMOS QUE HAI NO BOTE QUE ULIMOS.








COMPOSICIÓN DA MESA DO OUTONO


Nestes días de outubro os nenos e nenas de infantil estivemos facendo unha mesa de outono, para a que os nenos e nenas de 5 anos fixemos un mural. Traballamos as cores desta época do ano, a creatividade, motricidade e as sensacións, posto que o mural está composto dunha chea de elementos con diferentes texturas: ourizos, millos, carozos, follas, témpera....un MURAL CON TEMÁTICA DE OUTONO E O MESMO TEMPO SENSORIAL.




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design created with Smilebox

CUMPLEANOS DE OUTUBRO

NO MES DE OUTUBRO ESTIVERON DE CUMPLE :

CORA E XIÁN  NA CLASE DE 4 ANOS




XAN, ADAM E URIEL( que non estivo o día da súa celebración)  NA CLASE DE 5 ANOS. 



PARABÉNS A TOD@S!!!

sábado, 17 de outubro de 2015

Que trouxo Xián ó cole?

Esta semana Xián trouxo á escola unhas froitas que non coñecíamos. Dixo que se chaman erbedos e comezamos a buscar información :

Estes froitos nacen dun arbusto chamado Érbedo ou Albedro (en castelán: Madroño). O seu nome científico é ARBUTUS UNEDO.  Ten as follas sempre de cor verde e pode alcanzar os cinco metros de altura. Florece polo outono e o mesmo tempo da un froito doce, redondo e pequeno.



Vimos como era a súa cor: vermello cando está maduro e amarelo cando aínda non se pode comer. Tocamos a súa pel rugosa e cortamolo pola metade para ver como era por dentro: amarelo e non tiña óso.

Tamén buscamos curiosidades :

1. Antigamente utilizabase para facer vinagre.

2. Na actualidade utilizase para facer mermeladas ou licores .
 
Receta de mermelada :
1 kilo de erbedos ou madroños.
500 gr. de azucre.
zumo de un limón.
Lavar ben a froita e cocer co azucre e o zume de limón durante 35 -40 minutos.  Triturar ca batidora e listo para probar.
 
Parece que ten boa pinta, non?
 
 
3. Lenda mitolóxica :
 
Conta unha lenda da mitoloxía grega, que un xigante con tres corpos, tres cabezas, seis brazos e seis pernas chamado Gerión,  loitou con Heracles por roubarlle un rebaño de vacas e bois. Pero Heracles lanzoulle una flecha envenenada que atravesou os seus tres corpos e acabou con él. Din que da sangue de Gerión  naceu esta árbore que daba froitos sen óso.



E despois de tanta historia tocounos probalos...






Estaban moi ricos! A algúns nenos/as sabíalle a GOMINOLA
 
Gracias Xián!! 







sábado, 3 de outubro de 2015

CUMPLEANOS DE SETEMBRO

NO MES DE SETEMBRO ESTIVERON DE CUMPLEANOS:


LOIS E LIDIA DE 4 ANOS




SAFA, SARAI E URIEL DE 5 ANOS. 
Uriel non estivo ese venres pero celebraremos o seu cumple cos do mes de outubro.

E EN TRES ANOS TIVEMOS DE CUMPREANOS A MANUEL. MOITAS FELICIDADES!!!



PARABÉNS A TODOS.

SAÍDA AO BOSQUE

Esta semana os nenos e nenas de 3 anos saímos a buscar follas do outono ao patio. Aquí vos deixo unhas fotos que deixan constancia delo.














xoves, 1 de outubro de 2015

ONTE TIVEMOS UNHA VISITA

Onte a última hora viñeron xogar a clase de 5 anos os nenos e nenas de 3. Como son pouquiños quixeron vir xogar con nós, o que lles axuda a socializarse cos demais nenos e a ser máis autónomos....Os de 5 foron uns anftrións fantásticos.