Páxinas

mércores, 30 de setembro de 2015

TAREFAS NOVIDOSAS

Este ano na clase de 5 anos o encargado da xornada, ten unha tarefa máis. O rematar a xornada temos un momento de limpeza, para o que temos un caldeiro con todo o necesario. Así as mesas quedan limpas para o día seguinte, creamos un bo hábito... e a Sra da limpeza está máis que contenta.

A NOVA HORTIÑA DE SAN CLEMENTE

A semana pasada estrenamos a fermosa horta que temos este ano no colexio. Fixemos un pequeno traballo para familiarizarnos co tema. Primeiro estivemos vendo o que quedaba nas caixas que empregamos o ano pasado, e si algo habia!
Logo estivemos falando do nome das ferramentas e do que iamos facer: remover a terra e transplantar os amorodos que xa vivín un pouco apretados naquela caixa. A verdade e que o primeiro contacto foi fabuloso, aos pequenos encantoulles, asi que o ÉXITO DA HORTA ESTÁ GARANTIDO, SEREMOS UNS EXPERTOS DA MATERIA!
Click to play this Smilebox slideshow
This slideshow personalized with Smilebox

xoves, 3 de setembro de 2015

AVISO DA REUNIÓN





Recordar a todas as familias de educación infantil que o vindeiro martes día 8 de setembro ás 12:30 teremos a reunión de inicio de curso.