Páxinas

luns, 29 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO : O PLÁTANO.

Esta semana o traballo do libro viaxeiro tocoulle a Bruno e fixoo sobre os plátanos. 

Bruno ten unha plataneira na casa que prantaron fai xa tres anos. Contannos que aínda que aquí, non é terreo nin clima apropiado dou algunhas piñas de plátanos. En Galicia son mais pequenos do normal.



O plátano é unha froita deliciosa e nutritiva.

O cultivo do plátano comezou no sureste asiatico entre a India e Malasia. No século V pasou ó continente africano e despois extendeuse por costas mediterráneas. Chegou a Canarias procedente de Guinea Ecuatorial (África). 

A plataneira non é exactamente unha árbore, senón unha herba perenne de gran tamaño. Estas herbas adaptanse a unha gran variedade de terreos e crecen en condicións moi simples, aínda que prefiren os terreos fértiles, profundos e húmidos.  Cada plataneira ten normalmente entre 5 e 15 follas. Cando consegue entre 26 e 32 follas aparece a súa flor. 

A flor do plataneiro semella un capullo de cor púrpura ou violácea e o abrirse ten forma de espiga.




O plátano ten excelentes propiedades que axudan moito o noso organismo :
- É rico en potasio.
- Reduce os niveis de colesterol.
- Regula os problemas intestinais.
- Aporta unha gran cantidade de enerxía.
- Axuda a tratar a anemia.
- Disminúe a hipertensión e o risco de sufrir infartos.
- Funciona como un antiácido.
- Reduce as náuseas e vómitos.

Para rematar unha adiviña : 

Amarelo por fora, 
branco por dentro,
tes que mondalo 
para comelo 
¿Qué é?  








Saímos ó patio a botar as mondas ó composteiro : 


mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro, para conmemorar o 179º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro proxectamos un vídeo na biblioteca no que participou todo o alumnado do centro recitando o poema "Alborada" recollido no seu libro "Cantares Gallegos".



A HORTA

Esta semana, aproveitamos o martes que non chovía e fomos todos os nenos e nenas de Infantil,  preparar a nosa horta. Sementamos rabanitos, escarola, chícharos, allos, patacas e cebolas. Estamos impacientes por ver medrar as nosas hortalizas!
Podedes ver como traballamos : 


xoves, 18 de febreiro de 2016

RECUNCHOS SEMANAIS

Como cada semana na aula de 5 anos xogamos e traballamos por recunchos, así fomentamos a autonomía, cambiamos de actividade e de zona de xogo tódolos e días e sonbre todo divertímonos aprendendo. 
Os recumchos desta semana son a casiña, onde facemos xogo libre, o recuncho de lóxica, no que xogamos con cartas de sumas, o recuncho da plástica, no que elaboramos unha serpe con papiroflexia e o recanto da biblioteca no que escribimos palabras de forma espontánea para ver que nivel temos de lectoescritura. 
Un montón de actividades simultáneas que se enriquecen nos pequenos grupiños formamos en cada unha delas.

DESFILE DE ENTROIDO

Este ano a temática de entroido xirou en torno ás froitas, verduras e legumes. Despois de preparar os nosos disfraces tocou lucilos. 
Moitas gracias familias, por colaborar e virnos ver!
Estabamos lindísimos! Tomates, amorodos, uvas, espantallos, tendeiros...tivemos algo de todo.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow personalized with Smilebox

luns, 15 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO : CENORIA E REMOLACHA.

As cenorias e as remolachas son as verduras de raíz favoritas de Cora      


Desde pequena, plantaas na súa horta e ensinounos como había que facer :
1º Sementamos
2º Plantamos
3º Regamos
4º Esperamos
5º Colleitamos.
6º Comemos.



A cenoria e a remolacha son hortalizas moi boas para a saúde. Apórtanlle ao noso corpo vitaminas e minerais e teñen propiedades antianémicas.

Propúxonos un xogo... adiviña cal é a semente? trouxonos sementes de cenoria e remolacha a ver se acertabamos...



Ademais ensinounos moitas fotos de como traballa coa súa mamá na horta. Dende pequena axudo a mamá na horta. As cenorias sementámolas directamente nos bancais, mentres que as remolachas poñémolas primeiro en sementeiras. 


   cenorias




    Remolachas



NA COCIÑA :

A REMOLACHA
Aínda que se pode comer crúa, a nós gústanos cocida. Normalmente colleitamos de seis en seis e poñemolas a cocer nunha ola grande. Logo gardámolas co líquido da coción en botes e así conservamolas mais tempo.
Usámolas raiadas nas ensaladas ou en rebanadas ou tacos con pataca cocida ou ovo. Están riquísimas!

*Curiosidade : A remolacha tingue moito, asi que cando a comemos saenos o pis colorado!!!



CENORIA
Gústanos crúa, cocida, guisada, raiada, etc. É un ingrediente indispensable nos nosos guisos, sopas, arroces, pastas, cremas... Incluso, ás veces, facemos pasteis e bocaditos de cenoria raiada e coco para poñernos morenos no verán.

* Curiosidade : A cenoria é boa para curar os catarros e a tos. 
1 cenoria
100 gr. de mel
Cortamos a cenoria en rebanadas e poñemola nun bol. Vertémoslle por riba o mel e deixamos macerar unhas horas. Pasado este tempo, o mel volvese moito mais líquido e tomandoo como xarope cura a tos e os  mocos de grandes e pequenos.


E xa para rematar...
Ademais de plantalas, colleitalas e comelas o que mais me gusta facer coas verduras e xogar con mami ás tendeiras!! 

Tamén nos trouxo para probar. Algúns era a primeira vez que probabamos a remolacha : 
























Que cores máis bonitas !! Grazas Cora!

mércores, 10 de febreiro de 2016

10.000 VISITAS!!!!!!

INEVITABLE VOLVER ENTRAR A PUBLICAR PARA DAR AS GRACIAS. TEMOS 10.000 VISITAS NO NOSO BLOG, GRACIAS POR SEGUIR A NOSA ACTIVIDADE DIARIA A TRAVÉS DESTA VENTÁ QUE ABREU O CURSO PASADO.



PROXECTO DO DESERTO

Os nenos e nenas de 5 anos andamos indagando sobre a vida e características do deserto. Xa coñecemos algún animal, vexetación....pero seguiremos profundizando sobre o tema. Para ir empezando acudimos á biblioteca a buscar nos libros imaxes e información que nos aporte datos novos.

XOVES DE CONTO

Durante este 2º trimestre o equipo de educación infantil e de biblioteca cada xoves, ademáis de facer o préstamo de contos, facemos sesións de contacontos.  Nesta ocasión deixamos as fotografías do último conto, contado por Yolanda, " A que sabe a lúa?" 






EN XANEIRO ESTIVO DE CUMPLEANOS...

No mes de xaneiro  Aintzane xa cumpliu 6 anos. FELICIDADES!

ASÍ O CELEBRAMOS...


martes, 9 de febreiro de 2016

VENRES DE ENTROIDO

O venres pasado os nenos e nenas da escola puidemos disfrazarnos do que máis nos gustara. Como non, non podían faltar os piratas, as Elsa e Ana, carapuchiñas vermellas, paiasos, algún fantasma que outro, bruxas, policías, algún protagonista da Patrulla Canina,... Aquí vos queda unha pequena mostra, porque houbo quen se animou a desfilar!!!





mércores, 3 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO : OS AMORODOS.

Esta semana estivemos a traballar sobre os AMORODOS. Daniela Luna e a súa familia fixeron un traballo e trouxeronnos amorodos e galletas para a merenda do luns.


Ummmm... seguro que todos coñecedes esta froita tan rica que case todo o mundo desfruta comendoa, xa sexa soa, con azucre, en tortas, marmelada... Vexamos o que podemos descrubrir sobre estes froitos:

Os amorodos son froitos de cor vermella que medran nunha pranta herbácea que pertence a familia das "Rosaceas".Esta familia inclue máis de 2000 especies. As principais froitas europeas, ademais dos rosais, pertencen a esta gran familia. Os primeiros froitos maduran cando che a primavera. Primeiro saen as flores brancas e despois o froito.

NA COCIÑA : 

Podense consumir soas, con chocolate, facer tartas con algunha crema pasteleira ou nata. De calquera maneira están boísimas.


Para rematar un pequeno conto :

LA PRINCESA DE LA FRESA

Había una vez, una princesa que cuidaba de un lindo jardín que tenía en su palacio. Un día descubrió que muchas de sus flores y plantas se estaban marchitando. La princesa, entristecida, preguntó al Roble : 
- ¿Qué te pasa? ¿Por qué te estás muriendo?
- Estoy triste porque no podía ser tan alto como el Pino-respondió el Roble.
Entonces la princesa fue a ver al Pino:
- ¿Qué te pasa? ¿Por qué estás triste?
- Estoy triste porque no puedo dar uvas como la Vid.- respondió el Pino.
La princesa preguntó a la Vid y está respondió :
- Estoy triste porque no pedo dar flores como la Rosa.
La princesa preguntó a la Rosa :
- ¿Qué te pasa? ¿Porque estás triste?
- No puedo ser tan fuerte y alta como el Roble- respondió la Rosa y se echó a llorar. 
La princesa siguió caminando por el jardín y encontró una Fresa preciosa, que parecía no estar triste y le preguntó :
- ¿Porqué estás tan alegre en este jardín tan triste?
La fresa respondió :
- Cuando me plantaste querías tener fresas y por eso me dije a mi misma que sería la fresa más bonita. 
Cada uno tiene que estar contento consigo mismo y por ser quien es, tratar de ser mejor pero no pretender ser otra persona.
Y colorín colorado... este cuento se ha acabado! 

E despois deste conto tan bonito, pasamos a degustalas acompañadas de galletas : 














                                                                      Riquísimas !!!