Páxinas

luns, 29 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO : O PLÁTANO.

Esta semana o traballo do libro viaxeiro tocoulle a Bruno e fixoo sobre os plátanos. 

Bruno ten unha plataneira na casa que prantaron fai xa tres anos. Contannos que aínda que aquí, non é terreo nin clima apropiado dou algunhas piñas de plátanos. En Galicia son mais pequenos do normal.



O plátano é unha froita deliciosa e nutritiva.

O cultivo do plátano comezou no sureste asiatico entre a India e Malasia. No século V pasou ó continente africano e despois extendeuse por costas mediterráneas. Chegou a Canarias procedente de Guinea Ecuatorial (África). 

A plataneira non é exactamente unha árbore, senón unha herba perenne de gran tamaño. Estas herbas adaptanse a unha gran variedade de terreos e crecen en condicións moi simples, aínda que prefiren os terreos fértiles, profundos e húmidos.  Cada plataneira ten normalmente entre 5 e 15 follas. Cando consegue entre 26 e 32 follas aparece a súa flor. 

A flor do plataneiro semella un capullo de cor púrpura ou violácea e o abrirse ten forma de espiga.




O plátano ten excelentes propiedades que axudan moito o noso organismo :
- É rico en potasio.
- Reduce os niveis de colesterol.
- Regula os problemas intestinais.
- Aporta unha gran cantidade de enerxía.
- Axuda a tratar a anemia.
- Disminúe a hipertensión e o risco de sufrir infartos.
- Funciona como un antiácido.
- Reduce as náuseas e vómitos.

Para rematar unha adiviña : 

Amarelo por fora, 
branco por dentro,
tes que mondalo 
para comelo 
¿Qué é?  








Saímos ó patio a botar as mondas ó composteiro : 


Ningún comentario:

Publicar un comentario