Páxinas

luns, 15 de febreiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO : CENORIA E REMOLACHA.

As cenorias e as remolachas son as verduras de raíz favoritas de Cora      


Desde pequena, plantaas na súa horta e ensinounos como había que facer :
1º Sementamos
2º Plantamos
3º Regamos
4º Esperamos
5º Colleitamos.
6º Comemos.



A cenoria e a remolacha son hortalizas moi boas para a saúde. Apórtanlle ao noso corpo vitaminas e minerais e teñen propiedades antianémicas.

Propúxonos un xogo... adiviña cal é a semente? trouxonos sementes de cenoria e remolacha a ver se acertabamos...



Ademais ensinounos moitas fotos de como traballa coa súa mamá na horta. Dende pequena axudo a mamá na horta. As cenorias sementámolas directamente nos bancais, mentres que as remolachas poñémolas primeiro en sementeiras. 


   cenorias




    Remolachas



NA COCIÑA :

A REMOLACHA
Aínda que se pode comer crúa, a nós gústanos cocida. Normalmente colleitamos de seis en seis e poñemolas a cocer nunha ola grande. Logo gardámolas co líquido da coción en botes e así conservamolas mais tempo.
Usámolas raiadas nas ensaladas ou en rebanadas ou tacos con pataca cocida ou ovo. Están riquísimas!

*Curiosidade : A remolacha tingue moito, asi que cando a comemos saenos o pis colorado!!!



CENORIA
Gústanos crúa, cocida, guisada, raiada, etc. É un ingrediente indispensable nos nosos guisos, sopas, arroces, pastas, cremas... Incluso, ás veces, facemos pasteis e bocaditos de cenoria raiada e coco para poñernos morenos no verán.

* Curiosidade : A cenoria é boa para curar os catarros e a tos. 
1 cenoria
100 gr. de mel
Cortamos a cenoria en rebanadas e poñemola nun bol. Vertémoslle por riba o mel e deixamos macerar unhas horas. Pasado este tempo, o mel volvese moito mais líquido e tomandoo como xarope cura a tos e os  mocos de grandes e pequenos.


E xa para rematar...
Ademais de plantalas, colleitalas e comelas o que mais me gusta facer coas verduras e xogar con mami ás tendeiras!! 

Tamén nos trouxo para probar. Algúns era a primeira vez que probabamos a remolacha : 
























Que cores máis bonitas !! Grazas Cora!

Ningún comentario:

Publicar un comentario