Páxinas

mércores, 28 de decembro de 2016

CUMPLES DE DECEMBRO

Onte, cumplía 5 anos Elba. Nós xa o celebramos antes de coller as vacacións.
 Moitos parabéns Elba!!

venres, 16 de decembro de 2016

xoves, 15 de decembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO... VAIA SORPRESA!!

Vaia sorpresa que levamos! Outra vez recibimos carta. Esta vez viña dende Francia.  Eva Orozco, unha amiga da mamá de Xián, enterouse que andábamos a traballar sobre París con Willy Fog así que enviounos un plano onde estivemos a buscar a torre Eiffel, o río Sena, o museo do Louvre, o arco do Triunfo... e atopamos todiño! Tamén nos enviou un xornal que estaba en francés! buscamos a ver se atopabamos alguna nova que nos interesara. Pasamolo xenial!


 
 
 
Moitas grazas Eva e tamén moitas grazas para Yoyes. Gústanos que nos aportedes tantas cousas interesantes.

A nosa resposta xa vai de camiño a Francia

sábado, 10 de decembro de 2016

CUMPLEANOS DE NOVEMBRO

No pasado mes de novembro estivo de cumple o benxamín de infantil e de todo o cole.
Cumpliu 3 anos Alex. 

Moitos parabéns!!!!

venres, 2 de decembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (PARÍS)

Esta semana estivemos traballando sobre un pintor francés chamado MONET. Fixemos adaptacións de dúas das súas obras que máis nos gustaron : Os nenúfares e O estanque.


 
 

 
 
Tamén  fixemos croissants e comímolos... Quedaronnos deliciosos!!