Páxinas

xoves, 15 de decembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO... VAIA SORPRESA!!

Vaia sorpresa que levamos! Outra vez recibimos carta. Esta vez viña dende Francia.  Eva Orozco, unha amiga da mamá de Xián, enterouse que andábamos a traballar sobre París con Willy Fog así que enviounos un plano onde estivemos a buscar a torre Eiffel, o río Sena, o museo do Louvre, o arco do Triunfo... e atopamos todiño! Tamén nos enviou un xornal que estaba en francés! buscamos a ver se atopabamos alguna nova que nos interesara. Pasamolo xenial!


 
 
 
Moitas grazas Eva e tamén moitas grazas para Yoyes. Gústanos que nos aportedes tantas cousas interesantes.

A nosa resposta xa vai de camiño a Francia

Ningún comentario:

Publicar un comentario