Páxinas

luns, 25 de decembro de 2017

PROXECTO DE ARTE : JOAN MIRÓ

Rematou o  primeiro trimestre e con él o proxecto de arte que estivemos traballando na clase de 3 anos. Deixámosvos un video dos máis cativos. Así, traballamos sobre Joan Miró e as súas obras:
 
 

sábado, 16 de decembro de 2017

CUMPLES DE DECEMBRO

Esta semana estivemos moi atareados recibindo ás cámaras de TVG xa que todos os nenos /as do cole xunto cos nosos profes gañamos o concurso "Este nadal canta con nós" da TVG. Ainda así, sacamos un oco para celebrar os cumples dos máis pequenos do cole. 
Moitos parabéns Hugo, Noa Carvalhais e Lúa. Xa tendes os tres aniños!!!



venres, 24 de novembro de 2017

luns, 13 de novembro de 2017

MAGOSTO E SAMAIN 2017

Aquí deixamos unha pequena mostra da cantidade de xogos dos que puidemos disfrutar na festa do Magosto.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow created with Smilebox

luns, 30 de outubro de 2017

COCIÑA TERRORÍFICA

Hoxe os nenos e nenas de educación infantil participamos nun taller de COCIÑA TERRORÍFICA. Aquí quedan unhas fotos nas que se poden ver as nosas creacións e sobre todo o ben que sabían.


















CONTACONTOS

Ao longo deste mes de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil participamos nuns contacontos que traballaban a igualdade de xénero e ante todo e sobre todo o respeto entre todos.

O primeiro conto que traballamos foi O PAÍS DOS MANDÓNS do que podemos concluir que se todos axudamos e colaboramos (homes e mulleres) todos teremos tempo para desfrutar.




O  segundo foi EL CABALLITO DE MAR, co que descubrimos que moitos animais "machos" son os que coidan das súas crías, non so as femias.


O terceiro foi LA MITAD DE JUAN, co que reflexionamos sobre as características que nos diferencian dos demais e sobre todo e máis importante que nos fan felices.



 E por último ELENITA, co que aprendemos que todos e todas podemos ser o que queiramos (soprador de vidro, xastre, fubolista,...)








venres, 27 de outubro de 2017

CUMPLES OUTUBRO

Hoxe, celebramos os cumples do mes de outubro :  María e Noa Figueiro cumpliron 3 anos e Brais fixo 4 anos. 

PARABÉNS nen@s!



mércores, 4 de outubro de 2017

CUMPLES DE SETEMBRO

O venres 29 celebramos os cumples do mes de setembro. 
Nuno celebrou os seus 3 anos por primeira vez na escola cos seus novos amigos e Manuel Couselo celebrou os 5 anos. Parabéns nenos!






mércores, 21 de xuño de 2017

VISITA A 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita a aula de 1º de Educación Primaria. Alí, os nenos/as explicáronnos que se fai en Primaria, se da medo, a que xogan, que traballan, resolveronnos as nosas preguntas e ensinaronnos os seus libros... En nada xa estamos en primeiro!


CUMPLES DE VERÁN

Este verán cumplen anos :  Jose, Cristian, Paula, Valentina, Adrián, Inés González, Hailemariam, Daniela e Lía e fixemos una festaza todos xuntos para celebralos.







PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA : CONSERVAS DO MAR.

Hoxe, comezamos a mañán cunha charla sobre os productos do mar e pusémoslle as pilas aos nosos bocatas que puidemos comer na merenda. Podíamos escoller os ingredientes para o noso bocata saudable ( ensalada, tomate, sepia, mexillóns, millo, atún, sardiñas...).  Que ricos!





 


 


PROXECTO : ÁBACO

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estivemos traballando, ó longo do curso, nun proxecto sobre o ÁBACO. Fixemos speed writing, orals, mentals, xogamos coas flahs cards...ata competimos en cálculo mental cos nenos e nenas de 2º de E. Primaria e non se nos dou nada mal! Gustounos moito e aprendimos un montón!





luns, 19 de xuño de 2017

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (ESTADOS UNIDOS)


Finalizamos o noso proxecto sobre A VOLTA Ó MUNDO traballando sobre Estados Unidos. Aquí vos deixamos un vídeo coas nosas actividades.


 
 
 
 

xoves, 1 de xuño de 2017

CUMPLES DOS MESES DE ABRIL E MAIO

Estes días celebramos os cumples dos nenos e nenas que naceron nos meses de abril e maio.
Mikaela e Luz Milena cumpriron 4 anos, Carlota 5 anos e Sergio fixo 6 anos.
Moitos parabéns ós catro!