Páxinas

venres, 23 de marzo de 2018

xoves, 22 de marzo de 2018

COMPOSTAXE

O pasado martes e hoxe xoves participamos nunha charla e un taller moooiiii interesante sobre a compostaxe. A continuación queda unha pequena mostra do ben que o pasamos:





















O FOGUETE

Os nenos e nenas de 5 anos andivemos a traballar parte deste segundo trimestre no poema O FOGUETE de Manuel María, para commemorar o 50 aniversario do seu libro "Os soños na gaiola". Neste pequeno vídeo queda unha pequena mostra do noso traballo.















mércores, 21 de marzo de 2018

xoves, 15 de marzo de 2018

O SOL DE MANUEL MARÍA (50º aniversario de "Os soños na gaiola")

Os nenos e nenas de 4 anos traballamos o poema "O sol" de Manuel María para conmemorar o 50º aniversario de "Os soños na gaiola". Así de bonito nos quedou :

luns, 12 de marzo de 2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA E VISITA DUN CONTACONTOS

A semana pasada estivo chea de acontecementos. En primeiro lugar, viñeron diferentes mamás e mulleres traballadoras ao cole para explicarnos en que consistía o seu día a día




E o venres veu unha contacontos para rematar a semana con bo sabor de boca.



domingo, 11 de marzo de 2018

SEÑOR GATO DE MANUEL MARÍA ( 50 aniversario "Os soños na gaiola")

Este ano 2018, a obra inaugural da poesía infantil en galego "Os soños na gaiola" de Manuel María, cumple medio século e por ese motivo o alumnado de Educación Infantil quisemos conmemorar este 50 aniversario con obras do propio libro. 
A continuación podedes ver o traballo dos nenos e nenas de 3 anos. Esperámos que vos guste porque esforzámonos moito e fixemolo con moito cariño e ilusión.



 Proximamente publicaremos o traballo realizado polo alumnado de 4 anos e polo alumnado de 5 anos.