Páxinas

xoves, 30 de outubro de 2014

ACTUACIÓN NA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.

O día 29 de outubro celebramos a nivel centro o Samaín, dende a aula de 4 anos, participamos coa recitación dunha poesía sobre a bruxa. 
Este é un pequeno resumo do resultado!


ARAÑAS CON CABAZAS

A decoración de cabazas é algo típico desta época do ano. Para elo, dende a aula transformamos unhas cabazas en arañas: pintámolas, cortamos unhas patiñas para poñerlle, pegámoslle uns ollos, e moldeámoslle unha boca con plastilina.

Observade como nos quedaron!



UNHA PORTA CON CABEZA DE BRUXA

Coa chegada do Samaín comezamos a traballar aspectos relacionados con dita festividade, a vez que decoramos os diferentes espacios da aula con personaxes típicos desta época do ano, aquí vos
deixamos a nosa porta de entrada.


AGASALLO DE CUMPLEANOS!

Na aula de 4 anos, cando un compañeiro celebra o seu cumpleanos leva para a casa un agasallo: o libro do seu cumpleanos, en cuia elaboración participan tódolos compañeiros da aula, facéndolle debuxos, mandándolle bicos... Para ver en que consiste podedes ver un exemplo dos que elaboramos ate o de agora.


PIRATAS Á VISTA!


                         A través do Departamento de Orientación, levouse a cabo unha proba para  a prevención de defectos visuais. Para elo, lemos nun primeiro momento o conto " O pirata pata de lata". Seguidamente, vimos algúns dos obxectos piratas como o pano da cabeza, o garfio, o catalexo, o parche...; para despois mandados pola rá Saltarina, convertirnos en piratas e atopar o maior número de tesouros posible, para elo debíamos de descifrar tódalas consignas do mapa.

E como era de esperar, todos os nen@s de catro anos, logramos conseguir tódolos tesouros agochados!







mércores, 29 de outubro de 2014

CONTINÚA O OUTONO EN 4 ANOS... OS ESQUÍOS.



OUTRO DOS ANIMAIS TRABALLADOS DURANTE ESTE MES DE OUTUBRO E EN RELACIÓN CO OUTONO, FORON OS ESQUÍOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MANUALIDADE QUE ESTIVEMOS A FACER E QUE PASOU A FORMAR PARTE DO NOSO BOSQUE ENCANTADO.


CUMPLEANOS DO MES DE OUTUBRO

No mes de outubro estiveron de cumple:

Sara e Rubén de 5 anos


Adam e Xan de 4 anos


Cora e Xian de 3 anos


PARABÉNS A TOD@S!


EVARÍSTA VAI A CASA DE DANIELA

A semana pasada Evarísta foi a Ribocias con Cora. Alí namorouse de Blas. Esta fin de semana, que moi longa, volve a Ribocias pero esta vez con Daniela Luna.
 Verá a Blas? Pasará medo polo Samaín? Xogarán cos irmáns de Daniela, Ainara e Alex?
 
Pasadeo ben e descansade moito!
 
 

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN

Os nenos e nenas de tres anos preparamonos para o Samaín. Pintamos a Evarísta, a nosa mascota, cun sombreiro de bruxa, decoramos cabazas, fixemos gatos negros, cantamos e lemos contos de medo.
 

 

BENVIDO SAMAÍN

O samaín non fixo máis que comezar.! QUE MEDO!!!!
Aquí deixamos un symbaloo con contos, xogos e outras actividades para que nestes días poidades xogar en familia. Os cativos xa coñecen algúns deles, xa que foi a ferramenta que empregamos estes últimos días nas aulas e na clase de informática. Agardamos que desfrutedes desta festa.

luns, 27 de outubro de 2014

venres, 24 de outubro de 2014

EVARISTA VAI A CASA DE CORA

Esta fin de semana, Evarista visita a familia de Cora. Así de contentas estaban as dúas.
Pasadeo ben!
 
 

luns, 20 de outubro de 2014

FROITOS SECOS E FROITOS CARNOSOS

Os nenos/as de 4 anos, seguimos traballando cos froitos do outono. Para elo, empregamos os cinco sentidos a hora de traballar con eles: tocámolos, diferenciando entre as características liso e rugoso; ulímolos; observamos as súas cores, tanto exterior como interiormente; escoitamos, o seu son ao abanealos; e como non degustámolos na hora da merenda.

sábado, 18 de outubro de 2014

EVARISTA VAI A CASA DE BRUNO

Esta fin de semana, Evarista vai estar na casa de Bruno e a súa familia. Bruno dixonos que quería levala no tractor. Pasará medo Evarista?
 
 

MERENDA DE OUTONO

O xoves 16 de outubro, foi o Día Mundial da alimentación, polo que durante esta semana estivemos traballando, na clase de 3 anos, os alimentos do outono. Para finalizar o noso traballo, cerramos a semana cunha merenda de outono.
Gracias as familias degustamos alimentos de outono moi variados coma castañas, noces, abelás, uvas, mandarinas, mazá, granada, marmelo, mermelada de cabaza, magdalenas con noces, tarta de mazá,  biscoitos de noces, de chocolate con castañas, de laranxa, con uvas pasas...
 



mércores, 15 de outubro de 2014

O MARMELO

Estes días pasados estivemos coñecendo un froito típico do outono como é o marmelo. Puidemos tocalo, comprobando a súa textura; ulilo; ver a súa cor exterior e como é por dentro... Ademáis de coñecer algúns dos productos que se elaboran a partir del, como é, por exemplo o doce de marmelo, tendo a ocasión de degustar durante a merenda,  un doce de marmelo caseiro, acompañado de queixo e pan. Puxémonos as botas!
Pero esto non queda aí, posto que en vindeiros días traballaremos sobre outros froitos secos e carnosos do outono, e claro un paso deste proceso e degustalos.




MUSEO MARUJA MALLO

Para expoñer toda a información aportada polas familias, sobre a  artista Maruja Mallo, decidimos crear na aula unha zona adicada ao proxecto. Para elo entre todos, decidimos, darlle o nome de museo. Ademais de todo o relacionado coa súa biografía e obra, quedarán reflectidas, neste espazo,  as reproduccións e interpretacións que nos das súas obras fagamos.



SEGUIMOS CO OUTONO...


DESPOIS DE TRABALLAR O CONTO QUE LEVA POR TÍTULO: DIA DE LIMPEZA, DURANTE A ASAMBLEA, E NO CAL OS PERSONAXES PRINCIPAIS CONFORMAN UNHA FAMILIA DE OURIZOS, ANIMAL QUE SAE FRECUENTEMENTE NO OUTONO, DECIDIMOS LEVAR A CABO DIFERENTES ACTIVIDADES, ENTRE ELAS A QUE PRESENTAMOS A CONTINUACIÓN.

O BOSQUE ENCANTADO!


Por fín rematamos o noso bosque encantado! Ainda que nos custou moito traballo levantalo, ao final mereceu a pena!  O mesmo irá cambiando de elementos decorativos ao longo do curso, tendo en conta os diferentes centros de interese que se traballen na aula, así como, a literatura infantil. Durante este mes, estará adicado ao outono e ao Samaín, de aí que se esten levando a cabo diferentes actividades plásticas, relacionadas con ditos temas e que, como non, ambientarán dito espazo.





COMEZO PROXECTO ARTE : NOVAIS (aula 3 anos)

Os nenos e nenas da clase de 3 anos imos facer un proxecto de arte. A nosa pintora escollida é NOVAIS. Despois de ver algunha das súas obras quixemos experimentar coa pintura e o pincel.
 
 
 
 


domingo, 12 de outubro de 2014

QUEN SE CHAMA ASÍ?

Durante a asamblea diaria, xogamos a emparellar o noso nome co apelido, ademáis de construílo con letras magnéticas. Resulta ser unha actividade que nos permite recoñecer o noso nome e apelido propio, así coma o dos nosos compañeiros de aula, e a vez progresar no achegamento a Lecto-escritura.

CANTAS PINZAS NECESITO?

Para afianzar o concepto de cantidade, no recuncho de lóxica-matemática, debemos de colocar o número de pinzas que se nos indica en cada vaso. Ainda nos custa un pouquiño, pero pouco a pouco lograremos o noso obxectivo.

COMEZO PROXECTO: MARUJA MALLO

Este trimestre, os nen@s de 4 anos, levaremos a cabo un proxecto sobre a pintora MARUJA MALLO. Para elo, necesitamos recompilar información sobre a mesma. E por iso que, unha vez presentada a artista a traballar, decidimos pedirlle axuda as nosas familias. Contamos coa vosa colaboración!

venres, 10 de outubro de 2014

EVARISTA VAI A CASA DE BELÉN

Esta fin de semana, Evarista, a nosa mascota de 3 anos, vai pasar uns días con Belén e a súa familia... Que farán??



Pasadeo moi ben!

xoves, 9 de outubro de 2014

FOLLAS, MILLO, MOUCHOS E MÁIS

Aquí vos deixo máis actividades que fomos facendo ao longo deste primeiro mes de curso. Espero que vos guste!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow made with Smilebox

mércores, 8 de outubro de 2014

QUE ANDAMOS A FACER CO MILLO NA CLASE DE 5 ANOS?

Pouco despois de comezar o curso comezamos a traballar diferentes elementos do outono entre os que se atopaban os froitos. Un dos que estudiamos foi o millo. Este elemento sirveunos ademais de para facer un mural, para facer clasificacións por cores, series, e tamén para deixar voar a imaxinación e facer creacións propias.
Aquí vos deixo un video no que podemos ver todas estas actividades.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow personalized with Smilebox

martes, 7 de outubro de 2014

CLASIFICACIÓN DOS ELEMENTOS ACHADOS DURANTE A SAÍDA O PATIO.


Unha vez na aula observamos e clasificamos en función de determinados atributos: grande-mediano-pequeno,froitos por un lado e follas por outro, segundo as cores e formas...
QUE BEN O PASAMOS!

SAÍDA DE OUTONO DOS NENOS DE 4 ANOS.

O luns pasado antes da merenda, os nen@s de 4 anos saíron ao patio do colexio para observar os diferentes cambios que se producen na paisaxe coa chegada do outono. Ademáis de poder apreciar ditos cambios, recolleron elementos da natureza tales como follas de diferentes formas e tamaños, froitos propios desta época do ano como landras e castañas... Pero sen dúbida, o máis importante de todo e que eles a través desta saída, interiorizan contidos dunha forma lúdica e significativa, en definitiva aprenden a aprender.



CUMPLES DE SETEMBRO

No mes de setembro estiveron de cumple...

ANTÍA GARCÍA DE 5 ANOS















 SAFA, SARAI E URIEL DE 4 ANOS










LOIS E LIDIA DE 3 ANOS













PARABÉNS A TOD@S!