Páxinas

domingo, 29 de novembro de 2015

TRABALLOS DA HORTA

Nas últimas semanas fixemos algún traballiño na horta. por un lado tapámola con folla seca para que non bote herbas ó longo do inverno e por outro fixemos un semillero de ravos e escarolas. Así traballamos!











xoves, 26 de novembro de 2015

Cora e as Meninas de Canido.

 Hoxe, recibimos por correo unhas fotos da familia de Cora que quixeron compartir con nós. 

Acordádesvos de canto traballamos sobre María Luisa Novais o curso pasado?? Facede memoria... unha pintora galega que participara nun movemento revindicativo chamado "Las Meninas de Canido". Este movemento  trataba de representar nas paredes dun barrio de Ferrol (Canido) a obra de Velázquez "Las Meninas" co obxetivo de chamar a atención sobre o abandono do barrio. Pois ata alí, ata Canido, achegáronse os pais de Cora, a avoa Maruja e o seu irmán Nuno e atoparon a Menina Lunar de Novais que tanto nos gusta, ademais doutras meninas que son una fermosura.

         


                                         Cora e o seu papá coa Menina Lunar de Novais

         

                                     Nós o curso pasado ca Menina Lunar que pintamos na clase.


Outras Meninas de Canido :














   Que paseo mais bonito! Grazas Santi e Marián por compartilo con nós.


       

mércores, 25 de novembro de 2015

CONTOS PARA UNHA CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR COLOCÁRONSE  NA MESA DO CORREDOR, CONTOS DA BIBLIOTECA E ENLACES WEB, RELACIONADOS CON ESTE TEMA. 
AGARDAMOS QUE SEXAN DE UTILIDADE.

ENLACES DE INTERESE
OLIVER BUTTON ES UNA NENA
A Oliver Button chamábanlle o “NENA”. A él non lle divertía facer aquelas cousas que se supón deben facer os nenos. En cambio, gustáballe coller flores do campo e saltar á comba.
                             ROSA CARAMELO
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle eses aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras..
MAMÁ DE QUE COLOR SON LOS BESOS
Neste conto, unha nai explica ao seu neno que os bicos poden ser de moitas cores, laranxas pola mañá, verdes como a música ou amarelos, cheos de luz e de sol.
ADIVINA CUANTO TE QUIERO
Ás veces, cando queremos moito moito a alguén, intentamos encontrar o xeito de describir o tamaño dos nosos sentimentos. Pero como mostra esta historia, o amor non é algo fácil de medir.
BLANCOS Y NEGROS
Fai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran blancos ou negros e odiábanse entre sí. A guerra non tardou en xurdir, e durante moito tempo non se volveu ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día…..
UNA FELIZ CATÁSTROFE
A catástrofe pono todo patas arriba. Déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero dona Rata encóntralle a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles en familia.
LA MITAD DE JUAN
“Os nenos non choran”. “A donde vas con esa camiseta rosa?”. Cando Juan decide dixar de facer cousas de nena, por que é como se lle faltase a metadade de sí mesmo?.
ARTURO Y CLEMENTINA
Arturo e Clementina son dúas tartarugas namoradas que deciden compartir a súa vida. Clementina é alegre, vivaz e soñadora e Arturo carga sobro o seu caparazón a responsabilidade de mantela e ofrecerlla o que el considera valioso. Pero os criterios de ambos son moi diferentes.
É un libro que combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. 
LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES
É un conto moderno para adultos que revisa con moito humor os papeis que nos tacaron a todos representar neste gran teatro que é a vida.
EL PRÍNCIPE CENICIENTO
Unha proposta divertida para traballar cos máis pequenos os conceptos de igualdade, xénero, coeducación e corresponsabilidade doméstica. É unha versión do clásico “La Cenicienta”, con cambios de rol posto que o argumento xira arredor dun rapaz, o príncipe, que é feo, e está sometido a seus irmáns.
LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS
Á pequena Laura surxeulle unha dúbida moi importante despois dunha longa discusión na clase sobre Cincenta. O seu amigo Marcelo confesoulles que a famosa e delicada princesa tamén se tiraba moitos peidos. Afortunadamente o pai de Laura, ao que lle gustan os libros e as boas historias, posúe o libro secreto das princesas donde Laura encontrará as respostas a todas as súas dúbidas.

martes, 24 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO : A CABAZA.


Esta semana, Lía trouxo o libro viaxeiro no que traballou sobre a CABAZA. 

Contounos que existen moitas variedades de distintos tamaños, cores e formas. E trouxo fotos para ensinarnos:
   
                                           

A cabaza é da familia das curcubitacas. É unha pranta trepadora, que moitos de nós as vemos entre o millo porque é costume sementalas cando se sementa o millo e recollelas cando este. O seu froito ó madurar endurece a súa casca o que fai que as SEMENTES que almacenan duren mais dun ano en bo estado para prantar de novo. Prantanse polo mes de Abril ou maio e recollense en outubro. 

Esta é a pranta da cabaza con follas grandes verdes e flores amarelas. 

                                      

A cabaza úsae como alimento para animais ou como ingrediente para as nosas comidas, pero ademais disto ten outros usos mais "especiais" como :
Recipiente para líquidos, obxectos decorativos ou instrumento (maraca)
Para estes usos debe deixarse secar antes.



Buff!!! e quedaba o mais importante atrás: para facer CABAZAS DE SAMAÍN e meterlle un susto a alguén.
                                   

Receitas : 
BISCOITO DE CABAZA
300 gr de cabaza en puré
300 gr de fariña
levadura
4 ovos
120 gr de manteiga
200 gr de azucre.
Mistúranse os ovos co azucre, engádese a cabaza misturada previamente coa fariña e a levadura e a manteiga derretida. Remóvese ben e nun molde con manteiga ó forno a 180º durante 45 minutos.

CHULAS DE CABAZA
4 ovos
200 gr de cabaza ou calacú en puré 
fariña
leite
un pouco de sal
Misturase todo e fritense en aceite de xirasol en pequenas cantidades.Engádeselle azucre por riba unha vez fritas.

Lía trouxonos unha cabaciña e un calacú que tocamos, ulimos, partimos pola metade e tamén a proba das súas receitas. vaia familia de cociñeiros!!!! Estaba todo moi rico. 

                                     
                                           












                                     
                                                                                                                              Grazas Lía!


luns, 16 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO : O MARMELO.

Hoxe Lois trouxo ó cole o libro viaxeiro cun traballo que fixo cos seus papás. Escolleron o MARMELO. Ademais das cousas que nos contaron tamén trouxeron marmelo para poder probalo.

O marmelo é o froito dunha árbore que ten o mesmo nome. Ten a súa orixe en Irán e Turquía. Aínda así, é o ingrediente principal en postres tradicionais da cultura occidental.
É unha árbore pequena que está cuberta cunha especie de cinza durante o seu primeiro ano de vida. As súas follas son elípticas e caducas e da flores grandes e de cor branco.



O froito ten unha forma parecida a da pera de cor amarelo alaranxado. É moi aromático.
O marmelo pode asarse e comerse como carne de marmelo ou confitado. A forma mais habitual de comelo é como doce de marmelo.



É  beneficioso para curar : 
- Asma, bronquitis, tos ou arrefriados, para a bronquitis, para as diarreras e para a caída do cabelo.


Receita
-1 kg de froita.
- 3/4 de azucre.
Lavamos os marmelo. Cortánse e sacaselle as partes malas que teñan. Cocer cun pouco de auga. Cando estean case cocidos botamoslle o azucre. temos que remexer para que non se pegue sen parar ata que quede espeso a lume lento. Unha vez feito trituralo e botar nun recipiente de plático. Pódese conxelar e sacalo cando se vaia a utilizar. 
O mellor é comelo con queixo. 









Grazas Lois!