Páxinas

martes, 10 de novembro de 2015

LIBRO VIAXEIRO : A BERENXENA.

O luns Noa, trouxo o libro viaxeiro co traballo de búsqueda que fixo coa súa familia.  Esta vez escolleron a BERENXENA


A berenxena, cas súas grandes flores violetas e o seu froito colorido e brillante, ten un aspecto fantástico tanto na horta coma no prato.















As prantas de berenxena soen medir ata 50 centímetros de alto e requiren temperaturas cálidas e moderadas. En climas fríos cultívanse en invernadoiros.

Ademais das de cor violeta escuro tamén podemos atopar berenxenas de froito branco, con motas ou salpicaduras de cor violeta. Tamén as hai laranxas, amarelas e verdes.







A carne das variedades pequenas de berenxena é mais doce que a das berenxenas mais grandes.
Cultívanse a partir de sementes a principios da primavera e a finais dela transplantanse.  Para recolectalas temos que esperar ata o final do verán. Seguen producindo froito ata o outono.

Tamén nos aportan receitas. Pódense cortar en rodaxas e fretilas, ou podense facer á parrilla ou asadas. A que mais lle gustan a Noa e a súa familia son as berenxenas  recheas. Están boísimas!





 Noa trouxonos dúas berenxenas ó cole e poidemos observalas, tocalas, ulílas, xogar a "adiviña, adiviña...de que cor será por dentro?...



e tamén degustalas...

 Berenxenas á prancha :
Ingredientes : 
- Berenxenas.
- Sal.
-Aceite.
Cortar as berenxenas en rodaxas finas. Botar sal e quentar na prancha.







Qué ricas!! 
Algúns era a primeira vez que as probamos e gustaronnos moito. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario