Páxinas

venres, 28 de decembro de 2018

CUMPLES DO MES DE DECEMBRO

Este mes celebramos os cumples de :

Hugo, Lúa  e Noa Carvalhais  que fixeron 4 anos.



E Aroa Lafuente e Martina Fontenla que cumpriron 3 anos:



venres, 21 de decembro de 2018

NADAL 2018

Este Nadal pasamolo xenial. Fomos o cine de caldas de Reis a ver a pelicula : "El Grinch".



Despois do cine cantamos no local social de San Clemente dúas panxoliñas e merendamos chocolate quentiño, biscoito, iogures, batidos, froita... e o chega ó cole esperavannos os Reis Magos para darnos os seus agasallos.




Despedímolo ano comendo as uvas coas badaladas.

BO NADAL A TOD@S!! 

Ver os vídeos das actuacións nos seguintes enlaces:



Podedes ver máis fotos na páxina de facebook do colexio.


EDUCAR EN IGUALDADE

Fixemos un mural baixo o título "Xogamos xuntos e revoltos" para darlle unhas indicacións aos Reis Magos e a Papanoel de que a nós o que nos gusta é xogar todos xuntos e que os xoguetes e as cores son de todos. Éncántanos xogar a todo!!





















CHARLA SEPRONA

Esta semana viñeron os de Seprona a darnos unha charla e ensinaronnos o seu coche. 




EXPOSICIÓN DO UNIVERSO

Este xoves os nenos e nenas de 4º de educación Primaria  foron a aula de 4 anos coa súa profe a expoñer o seu traballo sobre O Sistema Solar. Nós tamén aproveitamos para expoñerlles o noso.













venres, 14 de decembro de 2018

O UNIVERSO DE... 4 anos

Os nenos e nenas de 4 anos estivemos traballando este primeiro trimestre sobre O Universo. Fixemos o noso sistema solar con plastilina, investigamos sobre os planetas e recollimos toda a información nun lapbook e neste video explicativo. Preme para ver o noso video: 



luns, 10 de decembro de 2018

CUMPLES DO MES DE NOVEMBRO

No mes de novembro celebramos o cumple de Álex que fixo 5 anos. Moitos parabéns Álex!




A RECICLAXE

Os nosos compañeiros/as de 1º e de 2ºde Educación Primaria estiveron traballando  A RECICLAXE. No mes de novembro, os nenos e nenas de 1º E.P foron os encargados de facer unha exposición do seu traballo a todos os nenos/as de Educación Infantil. Que ben o fixeron! Gustounos moito e estivemos moi atentos.




venres, 2 de novembro de 2018

OS BOLECHAS

Neste mes de outubro, visitamos a carpa dos Bolechas na Praza do Camiño de Caldas de Reis, onde nos divertimos e aprendemos as variedades dialectais do galego.
#Gatos,Ghatiñas,Gatíos  #OsBolechas #AnodaLingua






OBRADOIRO DE LEITE

O 18 de Outubro os nenos e nenas de 4 e 5 anos participamos nun obradoiro de leite cos nosos compañeiros/as de 1º e 2º de Educación Primaria. 



xoves, 1 de novembro de 2018