Páxinas

mércores, 28 de decembro de 2016

CUMPLES DE DECEMBRO

Onte, cumplía 5 anos Elba. Nós xa o celebramos antes de coller as vacacións.
 Moitos parabéns Elba!!

venres, 16 de decembro de 2016

xoves, 15 de decembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO... VAIA SORPRESA!!

Vaia sorpresa que levamos! Outra vez recibimos carta. Esta vez viña dende Francia.  Eva Orozco, unha amiga da mamá de Xián, enterouse que andábamos a traballar sobre París con Willy Fog así que enviounos un plano onde estivemos a buscar a torre Eiffel, o río Sena, o museo do Louvre, o arco do Triunfo... e atopamos todiño! Tamén nos enviou un xornal que estaba en francés! buscamos a ver se atopabamos alguna nova que nos interesara. Pasamolo xenial!


 
 
 
Moitas grazas Eva e tamén moitas grazas para Yoyes. Gústanos que nos aportedes tantas cousas interesantes.

A nosa resposta xa vai de camiño a Francia

sábado, 10 de decembro de 2016

CUMPLEANOS DE NOVEMBRO

No pasado mes de novembro estivo de cumple o benxamín de infantil e de todo o cole.
Cumpliu 3 anos Alex. 

Moitos parabéns!!!!

venres, 2 de decembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (PARÍS)

Esta semana estivemos traballando sobre un pintor francés chamado MONET. Fixemos adaptacións de dúas das súas obras que máis nos gustaron : Os nenúfares e O estanque.


 
 

 
 
Tamén  fixemos croissants e comímolos... Quedaronnos deliciosos!!



 
 


domingo, 27 de novembro de 2016

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (PARÍS)

Levamos xa uns días en París. Estivemos investigando acerca do idioma, da súa bandeira e fomos pasear por París. Sacamos as entradas para ir visitar o museo do Louvre, que o museo mais vistado do mundo, e tamén o ticket para visitar a Torre Eiffel. 


 
 

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO

Aquí vos deixamos un video de todo o traballo que fixemos de Londres.

sábado, 12 de novembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (Carta de Londres e viaxe a París)

Esta semana chegou o carteiro ó colexio e deixounos una carta para nós. Era una carta que viña de Londres. Pero, quen nos mandaba una carta a nós dende Londres?
 
Despois de pensar que igual o que nos escribira fora Willy Fog ou o alcalde de Londres,  abrímola e descubrimos que viña escrita en inglés e firmada pola profe Yoli do ano pasado.
Yoli mandounos unha postal dende Londres. Dicíanos que estaba visitando unha cidade fermosa e encantadora como era Londres e que había moitos lugares e monumentos para visitar. Que sorpresa levamos!!
 


 
 
 
Londres é una cidade moi bonita pero nós temos que seguir coa nosa misión que é axudar a Willy Fog a dar a volta ó mundo así que sacamos o billete de avión para París por internet.


 
 
 
 
Mamás e papás, non vos preocupedes xa chegamos a París. Estamos moi emocionados. Que haberá en París?
 
 

martes, 8 de novembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (LONDRES)

Onte estivemos investigando sobre bailes típicos de Reino Unido e coñecimos a Danza Morris típica de Reino Unido. Pasamolo moi ben practicando o baile.

Aquí deixamosvos a mostra :




E non podíamos marchar de Londres sen probar o té ( Tea Time). Sabemos que a hora do té é as 5 da tarde pero fixemola hoxe pola mañan coa axuda da teacher Maite.



 
 

venres, 4 de novembro de 2016

PROXECTO: A VOLTA Ó MUNDO (LONDRES)

Levamos xa dende mediados de outubro en Londres!
Aquí o tempo é un pouco chuvioso pero nós xa estamos acostumbrados. Collimos os paraugas e fomos a coñecer Londres. Visitamos a Ponte de Londres que cruza o río Támesis e tamén o Big Ben.


+
 


Pero non todo é pasear... Tamén estivemos coñecendo cousas dun personaxe británico moi coñecido : William Shakespeare e vimos unha das súas obras mais famosas : Romeo e Xulieta.
 
 
 
Poidemos ver como son os autobuses, as cabinas de teléfono, as moedas, buscamos nun atlas infantil en que continente estabamos, limos libros sobre Londres  e ata a teacher Miriam leunos un conto en inglés que veu de Londres...
 
 
 
 
 

domingo, 30 de outubro de 2016

SAMAÍN : CONCURSO CABAZAS

As cabazas premiadas foron as de :

Daniela Luna de 5 anos:


Manuel da clase de 4 anos :
 

Enma de 4º de E. Primaria:

SAMAÍN : CONCURSO CONTOS/DEBUXOS DE MEDO

Con motivo da celebración do Samaín, levouse a cabo un concurso de contos/debuxos de medo. Os gañadores foron :

CATEGORÍA INFANTIL :
- A clase de 3 anos.
- Iago e Paula da clase de 4 anos.
- Hailemariam e Britani da clase de 5 anos.

CATEGORÍA EDUCACIÓN PRIMARIA :
- Sarai e Daniela da clase de 1º E. Primaria.
- Antía Figueiro e Antía Rivas da clase de 2º de E. Primaria.
- Carla e Diana da clase de 3º de E. Primaria.
- Alba e Iván da clase de 4º de E. Primaria.
- Marco e Antonio da clase de 5º E. Primaria.
- Valeria e Jaime da clase de 6º de E. Primaria.

CATEGORÍA ADULTOS :
- Pablo Esperón.
- Alicia Figueiras.


 
 

venres, 28 de outubro de 2016

CUMPLES DO MES DE OUTUBRO

No mes de outubro estiveron de cumple Brais, Cora, Adam e Xián. Celebramolos este xoves e pasamolo moi ben.

                                                      Brais cos seus 3 anos :


 
 
 
Cora e Xián cos seus 5 anos e Adam cos seus 6 anos :
 
 
 
 
Parabéns ós catro!
 

sábado, 22 de outubro de 2016

COMEZAMOS O PROXECTO : "A VOLTA Ó MUNDO"

"A volta ó mundo de Willy Fog" é unha adaptación de "La vuelta al mundo en 80 días" de Julio Verne. A través desta adaptación viaxaremos por todo o mundo coñecendo distintos países ( monumentos, artistas, danzas e bailes típicos así como medios de transporte, comidas... )

Apuntádesvos?

Os nenos e nenas de 5 anos xa preparamos o noso pasaporte e chegamos a LONDRES para coñecer a Willy Fog e partir con él.


domingo, 16 de outubro de 2016

SAÍDA A APÍPOLIS

O pasado venres fixemos unha saída a apípolis moi divertida e chea de aventuras. Aquí deixamos unhas fotos que o demostran.







O MEL

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos, antes de facer a saída a APÍPOLIS coñecemos como era o traballo das abellas, o traxe de apicultor, a extracción do mel,..., na clase. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another picture slideshow by Smilebox

sábado, 15 de outubro de 2016

A VENDIMIA!!!

A semana pasada andivemos a vendimiar os cativos de 3 e 4 anos, algo que nos gustou moito e do que deixamos constancia neste vídeo.
Esperamos que vos guste!!




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own digital slideshow

xoves, 6 de outubro de 2016

CUMPLES DE SETEMBRO

O venres, 30 de setembro, celebramos os cumples do mes de setembro.

Lois e Lidia cumpliron 5 anos


E Manuel cumple 4 anazos!!!!


xoves, 29 de setembro de 2016

O RATO PÉREZ

Comezamos o cole na aula de cinco anos porque xa somos maiores e... temos unha noticia!!!! Hoxe, na clase a Inés Canda caeulle o seu segundo dente. Así luce a súa sorrisa cun buratiño.
Esta noite vaise deitar cedo porque o Rato Pérez vai visitala.


 
 
 

mércores, 29 de xuño de 2016

CUMPLES DO VERÁN

Antes de rematar o curso escolar quixemos celebrar os cumples dos nenos/as que cumplen no verán porque eles tamén merecen una festa cos seus amig@s. Fixemos una festa con todo o alumnado de infantil para celebralos.
 
Adrián, Cristian, Paula e Valentina celebraban os seus 4 anos :

 
Lía, Daniela Luna, Inés González e Haile os seus 5 anos :
 
 
 
Matías, Fabiola e Daniela Cobas os seus 6 anos :
 
 
PARABÉNS A TOD@S!!!
 
 

venres, 17 de xuño de 2016

CONTACONTOS

Hoxe pola maña cedo, cando estábamos facendo a asamblea, veu o carteiro as nosas clases, petou moi moi forte e cando mirámos meterá una carta por debaixo da porta!!! Era una invitación da clase de tres anos e da profe Patricia para que foramos escoitar uns contos!! Así que preparamonos e alí fomos.
Escoitamos os contos "A cebra Camila"  e  "¿Qué hace un cocodrilo por las noches?" pero o que mais nos gustou foi "Un pez muy divertido" e ata aprendemos a canción.
 
 
 
 
 
 
 


xoves, 16 de xuño de 2016

PINTURA CREATIVA


Esta mañan fixemos unha actividade xenial. Vivimos unha historia moi bonita onde éramos os protagonistas. Os nenos e nenas de San Clemente demos unha volta polo bosque onde vimos distintos animais, as flores, o sol, onde nos sorprendeu a chuvia... mentres o escoitabamos,  á vez que escoitabamos música relaxante, íamos facendo os debuxos de todo o que viamos. O resultado final foi fantástico... cando nos demos conta xa pintaramos un papel continuo enooorrrme na clase e outro no pasillo.
Somos uns artistas!!!
 
 
 

PREPARÁNDONOS PARA VISITAR MARCELLE

Os nenos e nenas de Educación Infantil andivemos a investigar sobre os animais que imos ver en Marcelle o vindeiro mércores 22 de xuño. Para iso, cada neno/a encargouse de investigar coa súa familia sobre un animal. Despois, no cole, fixemos a exposición de todo o que sabíamos dos animais e agora somos uns expertos!!! Fixémolo moi ben, só nos falta fixarnos moi ben cando cheguemos a Marcelle para atopar o noso animal e o dos nosos compañeiros...Ímolo pasar xenial!!
 
 

 

luns, 6 de xuño de 2016

Proyecto : Don Quijote de la Mancha

Este tercer trimestre se llevó a cabo en la clase de 4 años un proyecto sobre "Don Quijote de la Mancha", una de las obras más características de la literatura española; debido a la celebración del  IV Centenario de la muerte de Miguel de Cervantes. Hoy damos por finalizado el proyecto que iniciamos con anterioridad a la celebración del Día del libro.
Os dejamos un vídeo con las actividades que realizamos durante todo este tiempo. Esperamos que os guste!!
 
 
 
 

luns, 30 de maio de 2016

XOGANDO NA CLASE DE 4 ANOS

Ao rematar o traballo tócanos xogar... Esta vez co dominó, puzles novos e pinchos... Gústanos xogar por equipos!