Páxinas

sábado, 12 de novembro de 2016

PROXECTO : A VOLTA Ó MUNDO (Carta de Londres e viaxe a París)

Esta semana chegou o carteiro ó colexio e deixounos una carta para nós. Era una carta que viña de Londres. Pero, quen nos mandaba una carta a nós dende Londres?
 
Despois de pensar que igual o que nos escribira fora Willy Fog ou o alcalde de Londres,  abrímola e descubrimos que viña escrita en inglés e firmada pola profe Yoli do ano pasado.
Yoli mandounos unha postal dende Londres. Dicíanos que estaba visitando unha cidade fermosa e encantadora como era Londres e que había moitos lugares e monumentos para visitar. Que sorpresa levamos!!
 


 
 
 
Londres é una cidade moi bonita pero nós temos que seguir coa nosa misión que é axudar a Willy Fog a dar a volta ó mundo así que sacamos o billete de avión para París por internet.


 
 
 
 
Mamás e papás, non vos preocupedes xa chegamos a París. Estamos moi emocionados. Que haberá en París?
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario