Páxinas

xoves, 17 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Os nenos e nenas de Educación Infantil quixemos conmemorar o Día das letras Galegas cun traballo sobre o libro EU CONTO, TI CANTAS... de María Victoria Moreno. Este libro reúne tres contos para nenos e nenas que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.



Moitas grazas ás familias pola colaboración.



DÍA DA FAMILIA

O martes 15 foi o Día da Familia. Os nenos e nenas de infantil fixemos un agasallo para as nosas familias. Bicos a moreas!!



BIBLIOTECA

O mércores 9 de maio, estivo Lola da librería Aenea de santiago de Compostela para ensinarnos moitos libros ademáis de contarnos contos.



EXPOSICIÓN SOBRE MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria fixeronnos unha exposición dos seus traballos sobre máquinas simples e compostas que fixeron na semana da ciencia.