Páxinas

xoves, 16 de xuño de 2016

PINTURA CREATIVA


Esta mañan fixemos unha actividade xenial. Vivimos unha historia moi bonita onde éramos os protagonistas. Os nenos e nenas de San Clemente demos unha volta polo bosque onde vimos distintos animais, as flores, o sol, onde nos sorprendeu a chuvia... mentres o escoitabamos,  á vez que escoitabamos música relaxante, íamos facendo os debuxos de todo o que viamos. O resultado final foi fantástico... cando nos demos conta xa pintaramos un papel continuo enooorrrme na clase e outro no pasillo.
Somos uns artistas!!!
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario