A través do Departamento de Orientación, levouse a cabo unha proba para a prevención de defectos visuais. Para elo, lemos nun primeiro momento o conto " O pirata pata de lata". Seguidamente, vimos algúns dos obxectos piratas como o pano da cabeza, o garfio, o catalexo, o parche...; para despois mandados pola rá Saltarina, convertirnos en piratas e atopar o maior número de tesouros posible, para elo debíamos de descifrar tódalas consignas do mapa.
E como era de esperar, todos os nen@s de catro anos, logramos conseguir tódolos tesouros agochados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario