Páxinas

venres, 21 de novembro de 2014

XIAN TRAE CAQUIS Ó COLE

Onte, Xian trouxonos a clase una froita que non coñecíamos : os caquis.
Tocámolos, cheirámolos, vimos a súa cor... Tamén buscamos información na rede e vimos que eran ricos en potasio e vitaminas A, C e E. 
 
Estamos desexando probalos a ver se nos gustan!!
 
Esta fin de semana deixamolos na clase para que maduren e a ver se a próxima semana podemos degustalos. Tamén vimos que se os gardamos nunha bolsa de papel maduran antes así que a esperar que estén ben maduros.
 
 
Grazas Xian!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario