Páxinas

luns, 22 de decembro de 2014

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL: 3 E 4 ANOS

O día 9 de decembro os nen@s de 3 e 4 anos participamos nunha actividade complementaria de Educación Vial que se levou a cabo no centro. Un policía local explicounos a importancia de camiñar da man dun adulto cando vamos pola beirarrúa e de pór o cinto ao montar nos vehículos, ademais de amosarnos unha serie de sinais, presentes no quefacer diario. Despois desta breve charla, puidemos coñecer como é un coche de policía,tanto por dentro coma por fóra, así como diferentes instrumentos necesarios para a realización do traballo diario destes profesionais. Rematamos a xornada percorrendo coas bicicletas o circuíto montado no pavillón do centro. Foi unha actividade interesante e placenteira para todos nós.





Ningún comentario:

Publicar un comentario