Páxinas

venres, 12 de decembro de 2014

O GORRO DE PAPA NOEL

Hoxe os nen@s de 4 anos, ao chegar a clase, atopámonos un gorro de Papá Noel. Despois de facer suposicións de onde saira o mesmo, a nosa profe contounos que Papá Noel se atopara con ela e que no lo prestou durante uns días. Tamén nos dixo que non debemos de esquecernos de deixalo colgado xunto a árbore de Nadal que coa axuda das familias construímos, posto que sería un sinal de que o noso comportamento foi o axeitado durante este trimestre, e así poder recibir a nosa recompensa en forma de agasallo. Cal será a sorpresa de Papá Noel?Descubrirémolo a volta das vacacións de Nadal, asique se queredes saber o que é seguide atentos ao noso quefacer diario. Namentres tanto, podedes ver que guap@s estamos, pois estivemos coa tablet sacando fotos aos nosos compañeir@s.















Ningún comentario:

Publicar un comentario