Nas últimas sesións de TiĆS os nenos e nenas de infantil estivemos experimentando cunha nova aplicación de realidade aumentada. Trátase dunha aplicación para android e iphone chamada colarmix. Na súa páxina web podemos descargar debuxos para colorear e logo ver en RA coas cores que nos lle puxemos; o noso debuxo en 3d e en movemento. Aos nenos e nenas encantoulles a actividade e esta semana xa poderán levar a casa para mostrarlle ás familias como funciona.
Só teredes que descargar a aplicación colarmix no voso móbil ou tablet, enfocar e xa veredes que divertido. Na clase xa o fixemos e para iso deixamos estas fotografías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario