Páxinas

xoves, 2 de abril de 2015

REALIDADE AUMENTADA

Ao  longo deste trimestre xa rematado, soubemos que é  a REALIDADE AUMENTADA, a través dun libro de contos que descubrín un pouco por casualidade.
Trátase de ZAPATOS,ZAPATITOS ZAPATONES, da Editorial Paramón.
Un libro de contos que contamos de xeito "tradicional" e logo vemos coa tablet. É aquí onde a imaxinación pode espertarnos máis emocións, se cabe. Escoitar e ver un conto, con música, sons de animais, berros, imaxes que non podemos ver no libro que de súpeto nos sorprenden... 
Tal e como podedes imaxinar quedamos abraiados cando da portada do conto saía un personaxe co que nos podiamos fotografar. 
Aquí deixamos unha mostra moi resumida deste tesouro por descubrir.

ZAPATOS ZAPATITOS - Kizoa Movie Maker


PINCHA AQUI para ver a mostra publicitaria deste conto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario