Páxinas

luns, 18 de xaneiro de 2016

LIBRO VIAXEIRO : A MANDARINA E O PHYSALIS.

Haile quérevos presentar dúas froitas : unha ben coñecida por todos como é A MANDARINA e outra descoñecida como é o PHYSALIS:

- A MANDARINA é un cítrico, parecido á laranxa, aínda que de menor tamaño e cunha maior proporción de azúcres simples. Son ben coñecidas as súas propiedades nutricionais polo que respecta á vitamina C pero moita xente non sabe que a mandarina é unha fonte importante de calcio, fósforo, magnesio e de potasio, entre outros.
No inverno, o consumo diario de cinco ou seis mandarinas pode previr os sintomas dos resfriados e catarros.
Se tendes problemas para ir o baño, comede mandarinas e evitaredes o estreñimiento.
Pódense facer postres variados coas mandarinas, pero o mellor é degustalas directiñas da árbore como as trouxo Haile ó cole, recen apañadas.
      




- A PHYSALIS é unha pranta herbácea que pode chegar aos 2 metros de altura e dá un froito alaranxado e pequeno semellante en forma e estructura a un tomate, pero envolto parcial ou completamente por unha casca grande de cor amarela.
Colombia é o principal productor mundial e abastece todo o mercado europeo, principalmente Alemaña e Paises Baixos, pois a physalis é nativa das rexións temperadas, quentes e subtropicais de todo o mundo. Tamén se dan estupéndamente en San Clemente, aínda que neste tempo só puidemos recoller unha pequena proba porque a colleita é no verán. A Haile gústanlle moito, así que a probar todos!

      




Haile trouxonos para probar mandarinas e laranxas. Poidemos comparar o seu tamaño, tocala súa pel, comparalas por dentro... e comelas. Tamén probamos a physalis. Cantas froitas estamos coñecendo!















Ningún comentario:

Publicar un comentario